Novas da Fundación arquia


Novo catálogo da XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. «Inflexión / Turning Point»

12 FEBRERO 2014 / PUBLICACIÓNS

Xa está dispoñible para os usuarios rexistrados na web da fundación a visualización en PDF do catálogo da XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, «Inflexión/Turning Point», editado pola fundación e resultado da colaboración co Ministerio de Fomento na realización da XII BEAU.

O catálogo da XII BEAU recolle as 15 obras premiadas e as 27 obras recoñecidas como finalistas polo xurado da presente edición, obras que representan as novas direccións que se observan na arquitectura e o urbanismo contemporáneo e que destacan pola súa excelencia e calidade. 

Os directores da XII BEAU, Enrique Sobejano e Fuensanta Nieto, quixeron fomentar na presente bienal unha reflexión acerca do pasado recente cunha actitude positiva, recoñecendo este momento como punto de inflexión —non de regresión— de que extraer conclusións válidas a partir das que afrontar cun necesario optimismo o futuro próximo.

O visualizador de PDF que che ofrece a Fundación Caixa de Arquitectos para esta publicación permite a impresión ou descarga gratuítas por proxectos ou de todo o documento. Ademais, incorpora funcionalidades como inserir notas, un marcapáxinas que permite ir sinalando os proxectos interesantes e unha selección de ferramentas de edición e debuxo.

 

 

 

mi área privada