Novas da Fundación arquia


NON PERDAS AS REFLEXIÓNS DO XURADO ARQUIA/PRÓXIMA NA SÚA REUNIÓN DO PASADO 28 DE ABRIL DE 2014 EN MADRID

02 MAYO 2014 / PRÓXIMA

O pasado 28 de abril tivo lugar na sede de Arquia na rúa Barquillo de Madrid a reunión do xurado arquia/próxima da IV edición 2012-2013. A ela asistiron Eva Franch, comisaria xeral; Emilio Tuñón, patrón da Fundación Arquia; Toni Gironès, comisario liña Obra nova/Proxecto; Izaskun Chinchilla, comisaria liña Interiorismo e Rehabilitación; Luís Úrculo, comisario liña Cultura, Investigación e Formación, e Andrés Jaque, comisario liña Cidade e Territorio.

O xurado preseleccionou 221 realizacións das 2 496 que cumprían os requisitos de participación (670 novas) desta IV convocatoria. A partir de aí elixiu as realizacións catalogadas para formar parte da publicación en liña arquia/próxima e mais as realizacións seleccionadas que serán explicadas polos seus autores dentro do IV Foro arquia/próxima 2014: FÓRA que se celebrará o 23 de outubro nas instalacións da nova ETS de Arquitectura de Granada. Ademais, adxudicouse o premio arquia/próxima dotado de 15 000 euros.

A partir da primeira semana de xuño farase pública a listaxe de seleccionados e catalogados. Con todo, os premios:

Premio arquia/próxima

Premio Obra nova/Proxecto

Premio Interiorismo/Rehabilitación

Premio Cultura, Investigación e Formación

Premio Cidade e Territorio

xunto cos premios que se decidirán no propio Foro:

Premio Votación en liña

Premio Comunicación

Premio Opinión

faranse públicos o 23 de outubro no IV Foro arquia/próxima 2014: FÓRA

Mantente atento ás novidades que están por chegar!

 

 

 

 

mi área privada