Novas da Fundación arquia


RESOLUCIÓN DO XURADO DA IV EDICIÓN 2012-2013 DO PROGRAMA ARQUIA/PRÓXIMA

19 JUNIO 2014 / PRÓXIMA

O xurado, que se reuniu o pasado 28 de abril na sede da Caixa de Arquitectos de Madrid, preseleccionou 221 das 670 novas realizacións presentadas nesta edición e elixiu as 120 realizacións que formarán parte do catálogo en liña, así como as 29 realizacións que serán explicadas polos seus autores no marco do IV FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2014: FÓRA que terá lugar o próximo 23 DE OUTUBRO en Granada e en que se dará a coñecer:

PREMIO ARQUIA/PRÓXIMA 2014, dotado con 15 000 euros

e os 4 premios de liña:

PREMIO OBRA NOVA/PROXECTO

PREMIO INTERIORISMO E REHABILITACIÓN

PREMIO CULTURA, INVESTIGACIÓN E FORMACIÓN

PREMIO CIDADE E TERRITORIO

Xunto cos premios

PREMIO VOTACIÓN EN LIÑA

PREMIO COMUNICACIÓN

PREMIO OPINIÓN

Con respecto aos 120 catalogados e 29 seleccionados, o xurado premiou proxectos que constitúen unha reconstrución do valor da arquitectura mediante a construción de novos pactos da sociedade coa cidadanía, a cidade, a industria e o territorio, capaces de redefinir os roles do arquitecto como ente social activo que é quen de desvelar as virtudes emerxentes das relacións existentes entre o público e o privado, o local e o foráneo. O xurado valorou enfaticamente proxectos que constrúen arquitectonicamente unha reivindicación do histórico, critico, ecolóxico e social a través dunha xestión do capital e dos excedentes arquitectónicos, ambientais e humanos.

 

Podes descargar a acta e a listaxe de realizacións máis abaixo.

 

PARABÉNS A TÓDOLOS CATALOGADOS E SELECCIONADOS!

 

 

 

mi área privada