Novas da Fundación arquia


Souto de Moura en arquia/filmoteca

21 ENERO 2015 / FILMOTECA

O Mercado de Braga, un hotel en Salzburgo ou a reconversión do Mosteiro de Santa María do Bouro, explicados de primeira man polo seu autor.

O visionamento do presente audiovisual en arquia/filmoteca é posible grazas á colaboración e autorización do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid. 

Na conferencia que deu no COAM o 9 de maio de 1991, Eduardo Souto de Moura explícanos proxectos de edificios non-residenciais como complemento á conferencia que pronunciou na ETSAM sobre os seus proxectos de vivenda. A partir de bosquexos, planos e fotografías, Souto de Moura descóbrenos, mostrando as súas inquietudes e influencias, os proxectos do concurso do Mercado de Braga, realizado na súa época de estudante, o concurso para a Exposición Universal de Palermo, o concurso dun hotel en Salzburgo (Austria), a conversión do Mosteiro de Santa María do Bouro en Posada (situado no distrito de Braga) e o Centro Cultural Casa das Artes do Porto.

Podes acceder á visualización aquí.

 

 

mi área privada