Novas da Fundación arquia


Antonio Fernández Alba en arquia/filmoteca

25 FEBRERO 2015 / FILMOTECA

Antonio Fernández Alba explica nunha conferencia, impartida no Colegio Nuestra Señora de Santa María, como se desenvolveu o proxecto deste colexio e incide ademais en temas que influíron na súa concepción, como o contexto social do momento e a liña educativa. Accede á súa visualización en http://kcy.me/1q7a1.

O visionamento do presente audiovisual en arquia/filmoteca é posible grazas á colaboración e autorización do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid.

Extracto da ficha do Docomomo do Colegio Nuestra Señora de Santa María

«Este colexio agrupa nun único edificio, fronte aos usuais bloques exentos das escolas racionalistas, un complexo programa educativo en tres andares máis semisoto que se dispón en bandas horizontais de baixa altura para favorecer o contacto do alumno co exterior.

Aberto a un gran patio e xardíns en dirección sueste, un tránsito cuberto percorre toda a planta baixa como espazo de relación do alumnado e conexión coas aulas e os laboratorios, o patio axardinado e as escaleiras, articulados segundo as premisas de planta libre e do espazo fluído e continuo do Movemento Moderno. Este percorrido interior revela a capacidade do arquitecto para integrar os diferentes espazos, incluído o exterior do patio e xardín. Na planta semisoto incluíronse as dependencias de uso esporádico e, na primeira, máis aulas e espazos comúns abertos a terrazas sobre o patio.

Fernández Alba introduce temperanmente trazos do organicismo nórdico combinados co racionalismo primeiro de Mies, mais non emprega unha tecnoloxía construtiva avanzada, senón que aproveita os usos tradicionais, especialmente o muro de ladrillo visto, que unifica a imaxe exterior». Alberto Sanz Hernando. Servizo Histórico, Fundación Arquitectura COAM

Máis información sobre o proxecto:

Fundación Arquitectura COAM – Arquitectura de Madrid: http://kcy.me/1q7a6

 

 

 

mi área privada