Novas da Fundación arquia


I Convocatoria Bolsas Arquia en Emprendemento e Innovación 2015. Participa!

18 MARZO 2015 / FUNDACIÓN

TES UN PROXECTO EMPRESARIAL?

Inscríbete na I convocatoria de Bolsas Arquia en Emprendemento e Innovación. Accede aquí.

 A Fundación Arquia, co fin de fomentar e apoiar a creación de iniciativas empresariais e impulsar a innovación no ámbito da arquitectura, favorecendo a creación de postos de traballo, convoca, en colaboración con Factoría Cultural, 2 bolsas en emprendemento e innovación destinadas ao desenvolvemento dun proxecto de negocio en calquera dos campos da profesión de arquitecto.

O obxectivo é proporcionar oportunidades para crear, desenvolver e comunicar unha iniciativa empresarial viable do ámbito da arquitectura, así como ofrecer aos candidatos coñecementos e ferramentas que complementen a súa formación académica para poder facer realidade o seu proxecto de negocio, apoiando os esforzos para abrir novas vías de negocio.

Descrición

A bolsa inclúe os servizos de formación e mentoría nas diversas áreas relacionadas co emprendemento, un plan de empresa personalizado, 100 MB de Internet simétrico e o asesoramento legal, contable e de comunicación. Á parte dos servizos e recursos de Factoría Cultural, a Fundación Arquia pon a disposición dos arquitectos bolseiros dous asesores de recoñecido prestixio no ámbito da xestión do desenvolvemento profesional na arquitectura que titorizarán o proxecto mediante sesións presenciais e en liña.

Candidatos

Arquitectos superiores titulados en calquera das escolas técnicas superiores de arquitectura do territorio español, arquitectos estranxeiros con título obtido en España e arquitectos con título obtido fóra do territorio español e validado en España cunha idea de negocio, independentemente da fase en que se atope (pre-incubación, incubación ou aceleración).

Podes consultar máis información na páxina da convocatoria na web da Fundación Arquia accedendo aquí.

 

 

mi área privada