Novas da Fundación arquia


A casa do vento

21 MAYO 2015 / FILMOTECA

O audiovisual mostra a construción dun anexo para a ampliación dunha biblioteca en San Cristóbal de Bogotá, mediante guadua, policarbonato alveolar e madeira, nun proceso colaborativo e en estreita relación cos habitantes da comunidade.

Arquitectura Expandida é un colectivo que realiza unha construción participativa (física e social) do territorio, a través de procesos de autoconstrución, xestión cultural, deseño comunitario participativo, talleres, investigación/acción/autoxestión urbana e mediación social.

Extracto da descrición dos arquitectos de Arquitectura Expandida (accede ao texto completo en http://arquitecturaexpandida.org/):

A CASA DO VENTO é un proceso de autoconstrución física e social da ampliación da Biblioteca Pública comunitaria Simón el Bolívar na localidade de San Cristóbal de Bogotá que se desenvolveu no marco do 4 Encontro de Arquitectura Expandida.

A iniciativa partiu da Corporación Cultural Zuroriente (organización que xestiona a pequena infraestrutura desde que hai 18 anos a construísen os veciños ante a falta de equipamentos sociais e comunitarios nun contexto urbano conflitivo e violento) e foron varios os colectivos que desde distintas perspectivas disciplinares acompañaron á comunidade neste proceso.

O conflito histórico entre distintos sectores da comunidade foi evidente durante o proceso e Arquitectura Expandida sitúase claramente ao interpretar que este conflito non parte da diversidade de enfoques, senón da vontade de control politiqueiro do territorio e das prácticas cidadás culturais.

A estrutura executouse en guadua, o revestimento en policarbonato alveolar e o chan en madeira con formaleta tratada para exteriores apta para actividades de danza e teatro. A imaxe da intervención é un anexo, un parasito plástico que non só proporciona un controlado efecto invernadoiro nun clima frío, senón unha forma de relación da cultura coa súa contorna urbana a través dunha invitación e unha honestidade relacional materializada na transparencia.

Imaxes Arquitectura Expandida.

 

mi área privada