Novas da Fundación arquia


A Procura de Pancho en arquia/filmoteca

28 MAYO 2015 / FILMOTECA

Rodado durante dez días principalmente en Maputo, Mozambique, durante o inverno de 2010 por un grupo de estudantes posgraduados da School of Architecture at the University of Cape Town e dirixido e editado por Christopher Bisset, "A Procura de Pancho" é un audiovisual experimental en que se fusionan animación, ilustración e realidade seguindo a viaxe dun estudante solitario que se traslada á cidade para explorar o vibrante traballo do arquitecto e artista Pancho Guedes.

Guedes, figura icónica e ideal para a realización dun audiovisual, é particularmente coñecido polas súas creacións innovadoras en formigón, en que infunde a vibración da vida da cidade. O seu traballo focalízase nas fantásticas calidades do deseño e, a diferenza doutros arquitectos da súa xeración, sempre defendeu o rol do arquitecto como artista e narrador. As ideas que orixinan os seus edificios proveñen frecuentemente de debuxos, pinturas e do campo da escultura.

Os autores do filme realizan unha relectura das cidades de Maputo e Johannesburg, ambas morada dos edificios esculturais de Guedes, nun intento de mostrar que as ideas do arquitecto permanecen vivas, non só nos edificios que proxectou, senón tamén nas mentes das persoas que os experimentaron.

O estudante viaxa a través da cidade, visitando solitario os edificios de Guedes e atopándoos en diferentes estados de deterioración, pero constatando que, independentemente da súa deterioración, continúan exercendo o seu dinamismo e mantendo o ideal do seu creador.

Máis información sobre Amancio Guedes en www.guedes.info e na web realizada con motivo dunha exposición centrada na súa obra www.panchoguedes.com

Información extraída de Artefacts.co.za e Leadingarchitecture.co.za

Accede á súa visualización aquí

 

 

mi área privada