Novas da Fundación arquia


Álvaro Siza Vieira en arquia/filmoteca

23 SEPTIEMBRE 2015 / FILMOTECA

Con motivo da publicación de arquitemas 38 SIZAxSIZA, achegámosvos dous audiovisuais de arquia/filmoteca sobre Álvaro Siza.

Arquitectura, Siza é un extracto de 12 minutos do documental dirixido por Jean Lefaux e producido por Paco Poch {Mallerich Films} que nos achega á figura de Álvaro Siza Vieira, un dos arquitectos portugueses máis importantes do século XX. Accede en http://kcy.me/27kca 

O extracto iníciase con imaxes da Piscina da Quinta de Conceição, seguindo coas Piscinas de Marés de Leça de Palmeira, acompañadas polas opinións de Bernat Huet, arquitecto e urbanista francés, fundador e profesor da École nationale supérieure d'architecture de Paris-Belleville, e polas propias palabras de Álvaro Siza.

AFM 05: Paisajes desvelados é un audiovisual que recolle a conferencia que impartiu Álvaro Siza no Curso Arquitecturas fronte ao mar que levou a cabo en 1997, na Universidade de Granada, organizado polo arquitecto e profesor da ETSA Granada, Rafael Soler Márquez. Esta conferencia pódese ver en arquia/filmoteca grazas á colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Granada. No audiovisual, Álvaro Siza móstranos un percorrido por algunhas das súas obras, detallando a súa relación coa contorna e a paisaxe. Accede en http://kcy.me/27kc9

 

mi área privada