Novas da Fundación arquia


Consulta do Rexistro do Docomomo Ibérico dispoñible na web da Fundación Arquia

09 OCTUBRE 2015 / FUNDACIÓN

Grazas á colaboración da Fundación DoCoMoMo e a Fundación Arquia, é posible consultar o rexistro do DoCoMoMo ibérico na web da Fundación Arquia.

A Fundación DOCOMOMO Ibérico leva a cabo desde 1993 un ambicioso proxecto: a detección dos elementos máis destacados do patrimonio arquitectónico moderno do século XX. Froito deste traballo son os Rexistros DOCOMOMO Ibérico, dedicados á industria, a vivenda e os equipamentos, que agrupan 1.144 obras realizadas entre 1625 e 1965 e documentadas de forma exhaustiva. A través deste espazo web da plataforma FQ pódense consultar as obras incluídas nos Rexistros DOCOMOMO Ibérico, complementando a información dispoñible na propia base de datos da Fundación DOCOMOMO Ibérico.

As funcionalidades para facilitar a procura de obras que poderás atopar no apartado DOCOMOMO da Fundación Arquia son:

A galería de realizacións mostra unha selección aleatoria dos edificios incluídos nos Rexistros DOCOMOMO Ibérico. Cada vez que se accede á páxina web ou que esta se actualiza, a galería actualízase e mostra unha nova selección.

O buscador de realizacións permite realizar procuras entre os edificios incluídos nos Rexistros DOCOMOMO Ibérico, filtradas segundo a denominación do edificio, tanto orixinal ou actual, o uso orixinal, a autoría ou a localización.

As realizacións do rexistro DOCOMOMO están xeolocalizadas de maneira que permite ao usuario incorporalas aos itinerarios personalizados que queira xerar a partir dos edificios.

 

 

 

 

mi área privada