Novas da Fundación arquia


Documental en DVD+libro: arquia/documental 31. CHARLES E RAY EAMES

25 ABRIL 2016 / AUDIOVISUAIS

CHARLES EAMES (1907-1978) e RAY KAISER (1912-1988) revolucionaron o mundo do deseño en Estados Unidos a mediados do século XX polas súas destacadas e pioneiras contribucións á arquitectura e ao deseño de mobles, así como na área do deseño industrial, a fabricación, a fotografía e o cinema. Desde o "Eamery", un antigo almacén en Venice, crearon unha variedade alucinante de produtos: férulas para os militares feridos durante a Segunda Guerra Mundial, a soada cadeira "Plywood", interiores e exposicións multimedia, xogos, películas e xoguetes: "O máximo do mellor para o maior número de xente, polo mínimo prezo". En 1949 deseñaron e construíron a súa propia casa en California, a Case Study House #8, formando parte do programa promovido pola revista Arts & Architecture, considerada unha das residencias da posguerra máis relevantes a nivel mundial.

O documental EL ARQUITECTO Y LA PINTORA, narrado polo actor James Franco, é a primeira película realizada tras a morte dos Eames. Nela móstranse multitude de arquivos inéditos, cartas de amor, fotografías, vídeos e o prolífico legado da parella, así como a súa vida persoal e a súa influencia sobre os acontecementos importantes na vida estadounidense.

 

mi área privada