Novas da Fundación arquia


The City (1939) en arquia/filmoteca

19 MAYO 2016 / FILMOTECA

The City (1939), documental pioneiro que constitúe unha declaración a favor das comunidades urbanas planificadas. No audiovisual, contrástanse as condicións de vida nunha moderna cidade industrial como Pittsburgh, coa serenidade da vida nunha comunidade rural cun esquema do século XVIII en Nova Inglaterra e o concepto de modelo de comunidade desde o punto de vista dun arquitecto e un enxeñeiro, tipificado no experimento en Greenbelt, Maryland e a urbanización privada en Radburn, New Jersey.

As escenas móstrannos os simbolismos asociados a cada un dos modelos representados a través de historias (algunhas delas dramáticas) das persoas que os habitan, apuntando as indesexables condicións urbanas producidas pola industrialización e suxerindo a consecución dunha vida máis satisfactoria a través da recolocación da poboación metropolitana en comunidades suburbanas planificadas. O audiovisual dota de emoción aos problemas mediante a utilización dos contrastes fotográficos, os comentarios e a música.

O audiovisual foi ideado por Catherine Bauer, urbanista e defensora da vivenda pública e foi producido polo American Institute of Planners para mostrarse no 1939 New York World's Fair como parte da exposición "City of Tomorrow".

Accede á súa visualización en http://bit.ly/1TpeuVz

 

mi área privada