Novas da Fundación arquia


FALLO DO XURADO DA V EDICIÓN DO PROGRAMA ARQUIA/PRÓXIMA

25 MAYO 2016 / PRÓXIMA

O pasado 25 de abril de 2016, reuniuse no Ateneo de Málaga o xurado da V edición do programa arquia/próxima formado por

ALBERTO VEIGA, Comisario da quinta bienal do programa ARQUIA/PRÓXIMA; EUGENI BACH, representante da Zona Levante; CARLOS GÓMEZ AGUSTÍ, Patrón da Fundación Arquia; JESÚS IRISARRI, representante da Zona Norte; EVA MORALES, representante da Zona Sur; VÍCTOR NAVARRO, representante da Zona Centro.; JOSÉ MARÍA SÁNCHEZ GARCÍA, representante dos próximos; GERARDO GARCÍA-VENTOSA, Director da Fundación Arquia, como secretario, con voz pero sen voto.

O xurado escolleu as 128 realizacións que formarán parte do catálogo, así como as 24 realizacións que serán explicadas polos seus autores no marco do V Foro arquia/próxima 2016.

O comisario, Alberto Fernández Veiga, destaca que nesta edición se reflicte a situación actual, non tanto de crise, senón de replanteamento e de procura de identidade nun contexto confuso, nun FUTURO IMPERFECTO. Podes ver as súas opinións respecto diso, na seguinte ENTREVISTA.

O PREMIO ARQUIA/PRÓXIMA, dotado con 15.000 euros, o PREMIO ARQUIA/INNOVA, dotado con 3.000 euros, así como as mencións daranse a coñecer no V Foro arquia/próxima: FUTURO IMPERFECTO, o próximo 20 de outubro de 2016 no Paraninfo da Universidade de Málaga. En breve informarémosvos acerca do programa do mesmo. 

Podes descargar a listaxe completa de realizacións seleccionadas e catalogadas máis abaixo.

Se o prefires, podes ver as realizacións na web:

 

REALIZACIÓNS CATALOGADAS

REALIZACIÓNS SELECCIONADAS

 

24 REALIZACIÓNS SELECCIONADAS (por orde alfabética)

 1. Apartamento Tibbaut, Ras_Arquitectura

2. Bar Nou, MAIO

3. Casa Caballero, Joan Casals Pañella - José Luis Cisneros Bardolet

4. Casa G, Esaú Acosta Pérez

5. Cinecittà Occupatta, Ignacio González Galán

6. Ecobarrio UAC2 en Campos, Mallorca, Carles Oliver Barceló

7. Espai Nou a Casa Nova, Toni Gelabert Amengual

8. Intervención en el claustro del Palau-Castell de Betxí, El fabricante de espheras

9. La 3 del SENPA, Valentín Sanz Sanz

10. Los Límites de Google, Pedro Hernández Martínez

11. n'UNDO_Base teórica y paso a la acción,n'UNDO

12. Nuevo acceso al centro histórico de Gironella, Carles Enrich Giménez

13. Paisaje Transversal Blog, Paisaje Transversal

14. Panoramah! Experience,Taller de Casquería

15. Paper/Architectural Histamine, Gabriel Ruiz-Larrea Fernández - María Buey González

16. Persiana Barcelona, Pau Sarquella Fàbregas

17. Plan Estratégico de recuperación del Rec Comtal, Carles Enrich Giménez

18. Proyecto [Agronautas],PEZ [estudio]

19. Recolectores Urbanos Editorial, Ferran Ventura Blanch

20. Reforma integral de Son Amengual Puig - Manacor - Mallorca, MAIO

21. Rehabilitación de una Masía en el Empordà, Girona, ARQUITECTURA-G

22. SDA. Servicio de Distribución de Alimentos de Cáritas, NUA Arquitectures

23. Taller para un pintor, Nuria Vila Costa - Olga Felip Ordis

24. Terreno de Juegos. Espacio multifuncional para deportistas con discapacidad, Serrano + Baquero 

 

 

PARABÉNS A TÓDOLOS CATALOGADOS E SELECCIONADOS! En breve, a Fundación Arquia contactará con cada autor de cada realización seleccionada e catalogada.

 

 

mi área privada