Novas da Fundación arquia


LEÓN DE OURO PARA O PAVILLÓN DE ESPAÑA NA XV MOSTRA INTERNACIONAL DE ARQUITECTURA DA BIENAL DE VENECIA

31 MAYO 2016 / FUNDACIÓN

Baixo o lema "Unfinished", a exposición recibiu o León de ouro, prestixioso galardón outorgado pola organización da Bienal Internacional de Arquitectura de Venecia que, na súa décimo quinta edición "Reporting from de Front", está dirixida polo arquitecto chileno Alejandro Aravena, Premio Pritzker 2016.

A mostra comisariada por Carlos Quintáns e Iñaki Carnicero recolle exemplos de arquitecturas realizadas nos últimos anos, nacidas da renuncia e da economía de medios, pensadas para evolucionar e adaptarse a necesidades futuras e que confían na beleza do paso do tempo. Proxectos que entenden a arquitectura como inacabada, en constante evolución e ao servizo do ser humano, nun momento de incerteza respecto da profesión que fai relevante a súa consideración nos nosos días.

A exposición que se inaugurou o pasado 28 de maio poderase visitar até o próximo 27 de novembro de 2016.

A Fundación Arquia e o Ministerio de Fomento colaboraron na edición do catálogo da mesma que podes visualizar AQUÍ ou descargar o formato periódico AQUÍ.

 

mi área privada