Novas da Fundación arquia


MIGUEL FISAC explica as súas obras en arquia/filmoteca

06 JULIO 2016 / FILMOTECA

Miguel Fisac en arquiafilmoteca

O audiovisual mostra as visitas comentadas polo arquitecto Miguel Fisac a dúas das súas obras: os laboratorios Made (1959) e a Congregación de la Asunción (1965), previa conferencia do arquitecto en que presenta a concepción dos proxectos.

Convento, internado e colexio da Congregación de la Asunción

O solar irregular con grandes diferenzas altimétricas e o complexo programa proposto conducen a unha solución de bloques de edificación enlazados de forma fluída e eficaz a través de galerías e ramplas que rectifican os niveis para xerar superficies exteriores aproveitables como espazos deportivos, estadio, áreas axardinadas ou teatro. O edificio componse de tres pezas que corresponden tamén ás fases de construción do proxecto. 

O conxunto posúe un alto valor expresivo polo xogo volumétrico das pezas no solar e a textura do formigón en muros, en harmonía coa delgadeza das pezas ocas de cuberta. Únense neste edificio a conveniencia tecnolóxica e a expresiva sinceridade e austeridade do material. O arquitecto mostra aquí de novo a súa mestría na identificación entre arquitectura e construción, de resultados tan persoais e emocionantes ao longo da súa extensa traxectoria. (Extracto da ficha do COAM)

Laboratorios MADE

Os Laboratorios Made constituíron un punto de inflexión importante na historia da arquitectura madrileña e dentro da traxectoria de Fisac, xa que se trata do primeiro edificio de formigón visto realizado en Madrid, hoxe lamentablemente oculto pola súa deterioración, e ademais con el inaugura o arquitecto a súa frutífera relación coas pezas prefabricadas de formigón, os célebres "ósos" da marquesiña, que contrastan coa potente compactidade volumétrica dos edificios do conxunto. Por outra banda, o xogo plástico dos volumes é, sen dúbida, un dos maiores logros compositivos do proxecto. (Extracto da ficha do COAM)

O visionamento do presente audiovisual en arquia/filmoteca é posible grazas á colaboración e autorización do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid.

Accede á súa visualización en http://bit.ly/29gu1nQ

 

mi área privada