Novas da Fundación arquia


V FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2016: FUTURO IMPERFECTO

24 AGOSTO 2016 / PRÓXIMA

Xa te podes inscribir como asistente no V Foro arquia/próxima 2016 que terá lugar no Paraninfo da Universidade de Málaga do 19 ao 21 de outubro de 2016.

Dentro dos diversos programas culturais arquitectónicos que a Fundación Arquia desenvolve, destaca polo seu interese o apoio á promoción dos novos arquitectos. As sinerxías producidas polos diferentes programas culturais da Fundación que a eles se dirixen concéntranse nun evento a través do V FORO ARQUIA/PRÓXIMA MÁLAGA 2016 que se celebrará o próximo mes de outubro no Paraninfo da Universidade de Málaga.  

Podes descargar o PROGRAMA completo AQUÍ

INSCRÍBETE: Se queres asistir ao Foro é imprescindible que te inscribas. Podes facelo directamente desde AQUÍ. A data límite de inscrición é o 10 de outubro. 

VOTA a túa realización preferida e gaña un lote de libros/DVD da Fundación Arquia. A realización que obteña maior número de votos recibirá O PREMIO VOTACIÓN EN LIÑA que se entregará no marco do V Foro arquia/próxima 2016: FUTURO IMPERFECTO. 

O Presidente da Fundación Arquia e o comisario da V edición do programa arquia/próxima farán entrega do PREMIO ARQUIA/PRÓXIMA dotado con 15.000 euros e do PREMIO ARQUIA/INNOVA dotado con 3.000 euros, que se darán a coñecer o 20 de outubro. 

O evento poderase seguir en directo a través de streaming e despois publicarase no apartado de conferencias da filmoteca de Fundación Arquia. 

Para máis información:

http://fundacion.arquia.es/es/concursos/proxima/ForoProxima/Foro2016

 

 

 

mi área privada