Novas da Fundación arquia


Documental en DVD+libro: arquia/documental 32. LUCIEN HERVÉ

09 SEPTIEMBRE 2016 / AUDIOVISUAIS

LUCIEN HERVÉ (1910-2007) ocupa un lugar privilexiado nos relatos sobre as relacións entre fotografía e arquitectura moderna. A súa reportaxe de 1949 da Unité d'habitation de Marsella cativou a Le Corbusier e, desde entón e até o falecemento do gran arquitecto moderno en 1965, converteuse no seu fotógrafo oficial. Esta intensa relación constitúe un caso paradigmático das sinerxías entre os arquitectos e os seus fotógrafos e pon o acento sobre os valores plásticos, formais e visuais das imaxes de Hervé, de quen Le Corbusier dicía que tiña "alma de arquitecto". 

O documental LUCIEN HERVÉ. FOTÓGRAFO A SU PESAR (2013), dirixido por Gerrit Messiaen, presenta por primeira vez un achegamento próximo e directo á intensa biografía do fotógrafo e pon de relevo que a súa traxectoria e recoñecemento internacionais susténtanse xustamente nos trazos auténticos, sinxelos, rigorosos e apaixonados do seu carácter e os seus principios vitais. Neste contexto, a fortuna crítica da súa actividade como fotógrafo atopa pleno sentido e confirma o permanente valor e a inesgotable pedagoxía da súa forma de visualizar e construír, tesoira en man, a imaxe da arquitectura.

Páxina oficial: LUCIEN HERVÉ / RODOLF HERVÉ

 

 

mi área privada