Novas da Fundación arquia


Arquia/social, novos programas nun novo apartado web en Arquia Banca

09 ENERO 2017 / FUNDACIÓN

Arquia Banca lanza no seu sitio web un apartado destinado a arquia/social, iniciativa xestionada pola Fundación Arquia en que reúne as diferentes accións de axuda e colaboración na mellora de calidade de vida das persoas e a sociedade, especialmente dos colectivos en perigo de exclusión e das persoas dependentes ou con doenzas en tratamento ou avanzadas. Arquia/social impulsa accións de desenvolvemento social sustentable mediante programas propios e mediante o apoio de entidades dedicadas á axuda social, seguindo os principios fundacionais de participación e implicación do usuario final; eficacia e transparencia na xestión dos programas; e profesionalización dos axentes responsables para a consecución de solucións sustentables permanentes ou de longa duración.

Arquia/social colabora activamente dende hai anos con institucións sen ánimo de lucro nas súas accións finalistas no sector da construción no terceiro mundo destinadas a servizos para a comunidade. Patrocinios a proxectos de cooperación con ONG e organizacións de axuda social, beneficiaron comunidades de Burkina Faso, Haití, Honduras, Marrocos e a India.

Dende 2012, arquia/social reforzou as súas liñas de actuación para dar resposta ás necesidades sociais que a situación de crise actual produciu na nosa contorna máis próxima e traballa de xeito activo para o desenvolvemento de novos programas que se iniciarán durante 2017.

O primeiro programa en pór en marcha é Axudas arquia/social ao Estudante, baixo os principios de igualdade, mérito e aptitude, co fin de lles facilitar os medios para permitir o inicio e a continuación dos seus estudos de Arquitectura a aquelas persoas que, pola súa situación actual, teñan dificultades para sufragar o custo dos estudos ou necesidades especiais.

Concederanse 70 axudas á matrícula de 500 euros para estudantes matriculados nunha universidade pública do territorio español para realizar os estudos para obter o título de arquitecto e que, sen seren beneficiarios de ningún tipo de axuda, cumpran os requisitos que se poden consultar nas bases da convocatoria.

A adxudicación das axudas levarase a cabo de xeito automatizado segundo a orde de prelación establecida por un coeficiente individualizado resultado da parametrización establecida nas bases da convocatoria dos factores económicos, académicos e persoais de cada un dos participantes.

As inscricións á convocatoria poden realizarse no apartado de arquia/social na web de Arquia Banca até o 2 de marzo de 2017 ás 12.00. Accede á convocatoria aquí.

 

 

mi área privada