Novas da Fundación arquia


Arquia/social lanza a I convocatoria de axudas a estudantes de Arquitectura

01 FEBRERO 2017 / FUNDACIÓN

Os alumnos universitarios reciben un 6,8 % menos en axudas ao estudo ca en 2011, segundo informa El País na súa edición do 9 de xaneiro de 2017. O xornal publica que as asociacións de estudantes denuncian que milleiros de estudantes (uns 10 000 segundo se declara que estimou o ex ministro Wert) quedaron sen poder estudar dende que mudou o sistema de reparto en 2013, ano en que o goberno endureceu os criterios académicos e estableceu que parte do diñeiro se repartise de forma variable.

Arquia/social, iniciativa de Arquia Banca, xestionada pola Fundación Arquia, consciente dos efectos devastadores que produciu a crise na economía das familias, e no seu compromiso de fomento da formación e de apoio ao colectivo dos estudantes de arquitectura e os arquitectos, lanzou o programa de axudas ao estudantado. A I convocatoria ofrécelles aos estudantes de Arquitectura matriculados en universidades públicas a posibilidade de conseguir unha axuda de 500 € baixo criterios de igualdade, mérito e aptitude, co fin de lles facilitar os medios para permitir o inicio e a continuación dos seus estudos de Arquitectura a aquelas persoas que, pola súa situación actual, teñan dificultades para aboar o custo da matrícula ou necesidades especiais.

Accede á convocatoria en:

http://www.arquia.es/social/es/ayudas_estudiantes/Convocatoria/Index/1

 

mi área privada