Novas da Fundación arquia


Segunda clase maxistral ESADE-Fundación Arquia

03 FEBRERO 2017 / FUNDACIÓN

«A xestión do cambio e a profesionalización dos estudios e dos directivos. Que están a facer os mellores?», a cargo de Andrés Raya, en ESADE Madrid

A segunda clase maxistral gratuíta ESADE-Fundación Arquia, co gallo da presentación do Corporate MBA Mestrado en Administración e Dirección de Empresas (Arquitectura), levarase a cabo o vindeiro luns 13 de febreiro de 2017 ás 19.00 en ESADE Madrid.

Andrés Raya falaranos de como nun mundo volátil, incerto, complexo e ambiguo coma o actual nunca foi tan importante a xestión profesionalizada dos estudios e a profesionalización dos directivos en calquera empresa.

A xestión do cambio, a adaptación á contorna nos diferentes aspectos que teñen a ver co management, e moi en especial coa xestión das persoas, é un elemento de supervivencia a longo prazo.

Andrés Raya é colaborador académico do Departamento de Dirección de Persoas e Organización en ESADE, profesor asociado á URL e director do programa PARTNERS.

Máis información e contacto en mba.fundación@arquia.es

 

mi área privada