Novas da Fundación arquia


MBA Arquia | Presentación en Valencia o 8 de marzo de 2017

23 FEBRERO 2017 / FUNDACIÓN

O vindeiro 8 de marzo de 12.30 a 14.00 terá lugar a presentación do Corporate MBA Mestrado en Administración e Dirección de Empresas para Arquitectos na sala de xuntas da sede do Colexio Territorial de Arquitectos de Valencia.

Na presentación exporase o novo programa de formación para arquitectos que a Fundación Arquia está a elaborar conxuntamente coa prestixiosa escola de negocios ESADE. O Corporate MBA Mestrado en Administración e Dirección de Empresas (Arquitectura) consiste en estudos de posgrao que teñen como obxectivo proporcionarlle ao profesional recursos persoais e capacidades de liderado e emprendemento que posibiliten novas visións sobre oportunidades no eido arquitectónico.

Máis información en www.fundacion.arquia.es/master.

Confirmación de asistencia en mba.fundacion@arquia.es

Servirase un aperitivo ao remate da presentación.

 

mi área privada