Novas da Fundación arquia


Terceira clase maxistral ESADE-Fundación Arquia na Fundación Fidas de Sevilla o 9 de marzo de 2017

02 MARZO 2017 / FUNDACIÓN

Terceira clase maxistral gratuíta ESADE-Fundación Arquia, co gallo da presentación do Corporate MBA Mestrado en Administración e Dirección de Empresas (Arquitectura), que se levará a cabo o vindeiro xoves, 9 de marzo de 2017, ás 19.30 na Fundación Fidas en Sevilla.

A clase maxistral tratará o tema da dixitalización mediante un repaso aos cambios tecnolóxicos que están a facer posible a transformación e unha revisión dos elementos esenciais do márketing dixital, como os conceptos de SEO, SEM, display advertising, real time bidding, redes sociais, márketing por correo electrónico ou vídeo.

Víctor Magariño Peñalba é conselleiro, director de márketing e vendas, e consultor dixital de Comunycarse, así como profesor colaborador do Departamento de Márketing de ESADE.

Máis información e contacto en mba.fundación@arquia.es

 
 Coa colaboración da Fundación Fidas e o Colexio Oficial de Arquitectos de Sevilla.
 
 
 
 

mi área privada