Novas da Fundación arquia


ALBERTO CAMPO BAEZA verbo do «Goce intelectual na arquitectura», na sección Conferencias de arquia/filmoteca

30 MARZO 2017 / FILMOTECA

Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM-UPM), 14 de marzo de 2017.

GOCE INTELECTUAL NA ARQUITECTURA

« GRAZAS!

Coma se d'O último encontro de Sandor Marai se tratase, propónseme unha lección —¿a última?— nesta miña Escola de Arquitectura de Madrid como colofón do meu tempo regular de docencia de máis de 40 anos. Subliño o da miña escola porque o primeiro que querería agradecer —tanto e a tantos teño que agradecer!— é que se me concedera na xunta da escola o nomeamento de emérito por unanimidade. Nomeamento que terá efecto en datas próximas após esta xubilosa xubilación. Espero que Deus me conceda forzas abondo para seguir con entusiasmo os labores que como emérito se me encomenden, e cos que penso seguir servindo esta escola.
Tamén querería agradecer hoxe, aquí, de maneira pública, á nosa universidade, a UPM, o Premio de Excelencia Docente que me concedeu como mellor profesor da UPM. Premio que merecen, con tantos ou máis méritos ca min, moitos dos profesores desta escola —moitos deles hoxe aquí presentes— que pasa por ser a mellor escola de Arquitectura do mundo.
E así como cando entrei na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, hai xa case tres anos, o meu discurso se baseou na beleza, en «Procurar denodadamente a beleza», quixen que este parlamento de hoxe trate «Verbo do goce intelectual», un goce que se produce, precisamente, cando se acada a beleza nalgunha das súas moitas manifestacións, e de maneira especial na arquitectura, o labor máis fermoso do mundo! »

*Discurso íntegro dispoñible no blog da Fundación Arquia: VERBO DO GOCE INTELECTUAL

**Gravación íntegra do acto dispoñible na canle de Vimeo e no sitio web de Alberto Campo Baeza.

 

 

mi área privada