Novas da Fundación arquia


Ciclón Dineo 15.2.17 | ASF solicita colaboración

31 MARZO 2017 / FUNDACIÓN

 

Como consecuencia do ciclón, prevese un forte aumento dos casos de malaria e diarreas, e témese que aparezan brotes de cólera, así como falta de recursos alimentarios que agravarán la xa de por si difícil situación actual.

ASF, que colabora coa Dirección Provincial de Saúde de Inhambane dende 2006, desprazarase á zona para prestar apoio na realización dun levantamento exhaustivo dos danos na rede sanitaria, no deseño de solucións axeitadas e duradeiras, no seguimento dos procesos de rehabilitación e nos materiais para algunhas delas, coa finalidade de restablecer o correcto funcionamento do sistema sanitario no menor tempo posible.

Para iso, precisan recadar 20 000 € destinados a sufragar os gastos en desprazamentos aos centros sanitarios e na adquisición de material de construción. Máis información na campaña de mecenado participativo en http://bit.ly/2ocECc0

 

mi área privada