Novas da Fundación arquia


I Convocatoria da Bolsa de Emprendemento Social 2017. Data límite: 30 de xuño de 2017

20 ABRIL 2017 / EMPRENDEMENTO

A Fundación Arquia, en colaboración con Barcelona Activa, convoca 1 bolsa de emprendemento social destinada ao desenvolvemento dun proxecto de negocio sustentable con compoñente social co fin de fomentar e apoiar a creación de iniciativas empresariais que teñan como obxectivo conseguir unha incidencia positiva na sociedade que resolva problemas actuais da poboación dende unha vertente social ou ambiental.

A bolsa ten como obxectivos:

  • Promover a cultura do emprendemento e a iniciativa empresarial como motor de crecemento económico, apoiando propostas innovadoras no campo do emprendemento social.
  • Dotar os candidatos de coñecementos e ferramentas que complementen as súas habilidades emprendedoras e que os capaciten para poder facer realidade o seu proxecto de negocio.
  • Dar impulso a novos proxectos emprendedores xurdidos a partir de valores como o esforzo, o empuxe e a innovación.

Poderán optar á bolsa aqueles profesionais titulados en Ciencias Sociais, Ciencias Xurídicas, Artes, Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Económicas, Empresariais, Enxeñarías e Arquitectura nunha universidade española ou fóra do país e con título homologado en España, que teñan permiso de residencia no territorio español, ou equipos pluridisciplinares integrados maioritariamente por profesionais, cunha idea de negocio viable, creativa e innovadora.

A bolsa inclúe as prestacións seguintes:

  • unha praza no Programa de Emprendemento Social de seis meses de duración de Barcelona Activa, institución con prestixio no eido do emprendemento e a innovación,
  • unha dotación económica de 7000 euros que permitan cubrir os traslados para asistir ás sesións do programa,
  • un asesor personalizado que titorizará o proxecto durante o transcurso do programa.

Valoraranse positivamente os proxectos cuxo obxectivo social faga fronte, mediante solucións innovadoras, aos retos sociais que derivan do envellecemento da poboación, da cobertura das necesidades básicas da poboación mundial ou que fomenten a sustentabilidade e o respecto do medio natural.

Inscríbete antes do 30 de xuño de 2017 ás 12.00 do mediodía!

Podes consultar as bases da convocatoria e obter máis información no apartado correspondente á convocatoria actual na nosa web

 

 

mi área privada