Novas da Fundación arquia


FICARQ V FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E ARQUITECTURA - Santander - do 4 ao 8 de xullo de 2017.

27 JUNIO 2017 / FUNDACIÓN

FICARQ - V FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E ARQUITECTURA - Santander - do 4 ao 8 de xullo de 2017.

Aínda podes participar no V Concurso de Micrometraxes. Fusións imprescindibles (até o 1 de xullo de 2017)

Conferencias, un foro de dirección de arte, obradoiros por conta de expertos en arquitectura e artes audiovisuais, presentacións de proxectos e libros sobre cine e arquitectura, e unha exposición afondarán no diálogo entre a arquitectura e a contorna.

 «...completan unha programación rica e suxestiva que, dende o comité de selección, nos atrevemos a recomendar calorosamente», en palabras de Carmelo Romero, presidente do Comité de Selección

Terá lugar tamén o V Concurso de Micrometraxes. Fusións imprescindibles (até o 1 de xullo de 2017) dirixido a pezas inferiores a un minuto relacionadas coa arquitectura, o patrimonio industrial e o urbanismo. A convocatoria de participación está dirixida moi especialmente a universidades de arquitectura e universidades e escolas de cine e/ou audiovisual situadas no territorio español e en Noruega, país convidado nesta edición do festival. «...cunha forte personalidade, arriscada, rigorosa, de amplo espectro temático e de gran calidade técnica e artística...»

Gerardo García-Ventosa, director da Fundación Arquia, participa como membro do xurado na sección oficial documentais >arquitecturas filmadas.

Consulta o programa máis abaixo.

 

mi área privada