Novas da Fundación arquia


Aires Mateus e Eduardo Souto de Moura na 18.ª cerimonia de entrega das bolsas da Fundación Arquia

13 OCTUBRE 2017 / BOLSAS

O prestixioso arquitecto portugués Manuel Aires Mateus, referente da arquitectura actual, exporá a súa obra recente nunha conferencia maxistral titulada «Proyecto-Reflexión» organizada pola Fundación Arquia.

O evento terá lugar o vindeiro 19 outubro de 2017 ás 12.00 no auditorio de MediaLab Prado Madrid co gallo da 18.ª entrega das bolsas Arquia.

Neste acto tamén se presentará o tema do concurso 2018  «Deseñar un cabanón». Encargarase da presentación o xurado único, Eduardo Souto de Moura, Premio Pritzker 2011.

Haberá un aperitivo para todas as persoas asistentes e agasallaremos o último número* da colección arquia/contextos «Guía para estudantes de Arquitectura». (*Unidades limitadas)

 

mi área privada