Novas da Fundación arquia


Asignación da 1.ª Bolsa de Emprendemento Social 2017

24 OCTUBRE 2017 / EMPRENDEMENTO

Os membros do xurado valoraron favorablemente o proxecto gañador Enersite, do arquitecto Javier Fernández Ponce, pola súa incidencia positiva no aforro enerxético e a redución da contaminación que se xera durante o proceso da obra. Estes obxectivos acádanse no proxecto mediante a incorporación dunha gama de elementos e produtos que xeran enerxía limpa para o autoconsumo da obra ou que están baseados en materiais biodegradables. Trátase dun proxecto que está nunha fase de idea e os membros do xurado consideran que pode beneficiarse enormemente da participación no programa de emprendemento social onde poderá desenvolver o impacto social e ambiental positivo do seu proxecto. O perfil de Javier Fernández Ponce é o dunha persoa moi creativa, cooperativa e emprendedora con ganas de incorporar melloras no sector da construción. A súa participación no programa achegará enerxía e coñecemento ao grupo de persoas emprendedoras que comporán a edición actual do Programa de Emprendemento Social.

Os proxectos seguintes obtiveron a mención na 1.ª convocatoria:

Mencións:

 «Light, gamificamos la sostenibilidad», de Santiago Jiménez Cortés e Carlos María Rosety Alonso

 «Simbiosis», de Irati Ezeiza Karrera e Ízaro Ezeiza Karrera

 

En breve, hase poder consultar aquí a acta do xurado da convocatoria e obter máis información no apartado correspondente á convocatoria actual.

Os nosos parabéns a Javier Fernández Ponce pola obtención da bolsa.

A 1.ª convocatoria da Bolsa de Emprendemento Social foi organizada pola Fundación Arquia, en colaboración con Barcelona Activa, co fin de fomentar e apoiar a creación de iniciativas empresariais que teñan como obxectivo conseguir unha incidencia positiva na sociedade que resolva problemas actuais da poboación dende unha vertente social ou ambiental.

O noso agradecemento e parabéns a todas as persoas participantes polo alto nivel dos proxectos presentados.

 

 

mi área privada