Novas da Fundación arquia


Listaxe de teses preseleccionadas concurso arquia/teses 2017

13 DICIEMBRE 2017 / TESES

O pasado 20 de xuño de 2017 pechouse a 11.ª convocatoria do concurso bienal de teses de arquitectura, arquia/teses 2017, cunha participación de 176 teses de doutoramento. Do 26 de xuño ao 27 de novembro, cada membro do xurado valorou os dosieres e preseleccionou un total de 26. Após realizar as comprobacións oportunas sobre o cumprimento das bases do concurso por parte dos preseleccionados, e empregando os recursos e medios facilitados pola fundación para este fin, publícase a lista correspondente.

En breve, hase contactar con cada un dos autores para lles solicitar un exemplar da tese de doutoramento completa para a segunda fase do concurso; resolverase así a convocatoria e farase público o fallo do xurado na primavera de 2018.

Parabéns ás persoas preseleccionadas e agradecementos a todas as participantes polo seu interese e dedicación, así como polo alto nivel das teses presentadas.

(Ver listaxe de teses preseleccionadas arquia/teses 2017)
Fundación Arquia, 13 de decembro de 2017

 

mi área privada