Novas da Fundación arquia


«COMEDOR ESCOLAR TIPO» DE LAPANADERÍA OBTÉN O PREMIO ARQUIA/PRÓXIMA 2010 DOTADO DE 15 000 €

02 JULIO 2010 / PRÓXIMA

O xurado destacouno como rigoroso proxecto en que se analizan as condicións destas dependencias escolares e en que se ofrece unha proposta de mínimos con altas doses de sensibilidade e sensatez, que ofrece unha esperanza para enfrontarse ás novas condicións que a sociedade está a experimentar.

Cómpre salientar que se observou unha participación meirande ca na convocatoria anterior, con cifras realmente significativas a pesar dos momentos en que nos atopamos.

Con respecto ás 128 realizacións catalogadas e as 24 seleccionadas, o xurado quixo mostrar aqueloutras facetas en que os novos arquitectos están a desenvolver o seu labor e buscáronse as distintas fórmulas con que se canaliza o traballo, ben a través de concursos, de encargos ou auto-encargos, ben a través de novas fórmulas de colaboración e activismo social que aparecen con maior intensidade nos últimos anos.

PARABÉNS A TÓDOLOS CATALOGADOS E SELECCIONADOS!

 

mi área privada