Novas da Fundación arquia


2.ª convocatoria de Axudas ao Estudante de Arquitectura Arquia Social

29 ENERO 2018 / FUNDACIÓN

Iniciouse a 2.ª convocatoria de Axudas ao Estudante de Arquitectura de Arquia Social, iniciativa de Arquia Banca xestionada pola Fundación Arquia que ten o fin de lles facilitar os medios para permitir o inicio e a continuación dos seus estudos de Arquitectura a aquelas persoas que, pola súa situación actual, teñen dificultades no aboamento do custo dos seus estudos ou necesidades especiais.

Concederanse 50 axudas á matrícula de 500 euros baixo os principios de igualdade, mérito e aptitude para estudantes matriculados nunha universidade pública do territorio español para realizar os estudos para obter o título de arquitecto e que, sen seren beneficiarios de ningún tipo de axuda, cumpran os requisitos que se poden consultar nas bases da convocatoria.

A adxudicación das axudas levarase a cabo de xeito automatizado segundo a orde de prelación establecida por un coeficiente individualizado resultado da parametrización establecida nas bases da convocatoria dos factores económicos, académicos e persoais de cada un dos participantes. Ampliáronse os límites económicos respecto á edición anterior.

As inscricións á convocatoria poden realizarse no apartado de Arquia Social na web de Arquia Banca até o 2 de marzo de 2018 ás 12.00.

Para calquera dúbida sobre o programa ou o proceso de inscrición, pode contactarse con Arquia Social no correo social@arquia.es.

 

 

 

mi área privada