Novas da Fundación arquia


REUNIÓN DO XURADO ARQUIA/PRÓXIMA EN BARCELONA O PASADO 1 DE XUÑO

07 JUNIO 2010 / PRÓXIMA

O pasado 1 de xuño tivo lugar na sede da Fundación Caixa de Arquitectos a xuntanza do xurado arquia/próxima da edición 2008-2009 formado por Carlos Quintáns Eiras como comisario, Félix Arranz San Vicente (representante zona levante), Francisco Cifuentes Utrero (representante illas), Santiago Cirugeda Parejo (representante zona sur), Fernando Díaz-Pinés Mateo (representante FQ), Javier Mozas Lérida (representante zona norte) e Ricardo Sánchez Lampreave (representante zona centro).

A partir da preselección de 271 realizacións das 1 939 presentadas, o xurado elixiu 128 realizacións catalogadas para formar parte da publicación arquia/próxima e 24 realizacións seleccionadas para formar parte da exposición arquia/próxima. Así mesmo, adxudicouse o premio arquia/próxima dotado de 15 000 euros.

A resolución do xurado farase pública a primeira semana de xullo.

Achégase informe das realizacións e arquitectos rexistrados nesta edición.

 

mi área privada