Novas da Fundación arquia


1.ª convocatoria do Concurso de Deseño de Xoguete

01 MARZO 2018 / FUNDACIÓN

A convocatoria enmárcase dentro do programa de infancia de Arquia Social, iniciativa de Arquia Banca xestionada pola Fundación Arquia. 

O obxecto da convocatoria consiste no envío de propostas baseadas na creación dun xoguete destinado a agasallar nenas e nenos hospitalizados co fin de lles facer máis levadeira a hospitalización por medio do xogo e xerando así un estado de ánimo máis positivo.

O concurso divídese en catro categorías segundo a idade á que se dirixe o xogo ou xoguete, e valorarase positivamente que permita ampliar o rango de idade a través de retos diferentes ou outras propostas.

Consulta nas bases da convocatoria os requisitos dos participantes, os criterios de selección, a documentación para presentar e os honorarios establecidos segundo categoría.

Máis información en:

http://www.arquia.es/social/es/sociedad/infancia/Convocatoria?anyo=2018

 

 

mi área privada