Novas da Fundación arquia


Arquia Banca e Cruz Vermella renovan a súa colaboración

30 MAYO 2018 / FUNDACIÓN

O convenio promove un itinerario de reactivación laboral específico e personalizado que proporciona soporte, orientación e asesoramento sociolaboral con accións destinadas a mellorar a empregabilidade. 

Arquia Banca, a caixa cooperativa de crédito para profesionais, a través da Fundación Arquia, renovou a súa colaboración con Cruz Vermella Española para apoiar os profesionais da arquitectura que viron reducidos drasticamente os seus ingresos por mor da recente crise do sector.

O pasado 15 de maio, Javier Navarro, presidente de Arquia Banca, e Leopoldo Pérez, secretario xeral de Cruz Vermella Española, renovaron a colaboración que permitirá prestar asistencia directa e personalizada para a mellora da capacitación dos profesionais e a súa adaptación ás novas demandas laborais co fin de encontrar novos sectores de actividade profesional.

O desenvolvemento do programa, impulsado pola Fundación Arquia e Cruz Vermella Española, lévase a cabo por medio do Departamento de Plan de Emprego desta institución, especializado no apoio a persoas que necesitan mellor o seu nivel de empregabilidade e que dispón dunha ampla experiencia no desenvolvemento de programas que promoven a inserción laboral cun alto índice de resultados positivos.

En cada unha das provincias nas que se leva a cabo o programa, foméntase a colaboración dos colexios de arquitectos correspondentes..

Arquia Banca, no marco do seu compromiso social e apoio aos profesionais da arquitectura, actuará como xestora do programa en colaboración co departamento de emprego de Cruz Vermella, que asume o proceso de reorientación e inserción laboral dos participantes.

O ámbito de actuación do programa abranguerá todo o territorio estatal, aínda que nesta edición se implanta na provincia de Sevilla en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Sevilla. Previamente en 2017, levouse a cabo unha proba piloto na provincia de Granada coa que se conseguiu unha porcentaxe de ocupación do 50 %.

O programa está destinado a profesionais titulados universitarios do sector da arquitectura que necesiten reorientar a súa traxectoria profesional e que se encontren en situación de procura de novas oportunidades. Priorizarase a participación de profesionais de máis de 45 años e/ou en situación de desemprego de longa duración.

 

mi área privada