Novas da Fundación arquia


Menos arquitectura, máis cidade

12 JUNIO 2018 / FUNDACIÓN

 

O fundador da Fundación Arquitectura e Sociedade, Francisco Mangado, inaugurou o V Congreso Internacional de Arquitectura e Sociedade, acto que por segunda edición consecutiva estivo presidido polo Rei Filipe VI. Tamén participou na inauguración oficial a presidenta do Goberno de Navarra, Uxue Barkos, e o ministro de Fomento, José Luis Ábalos.

«A arquitectura non é un feito illado de preferencias persoais; é un feito profundamente cultural e social que está ligado á cidade como unha realidade que pertence ao ben común», manifestou Mangado.

Entre os desafíos das cidades modernas enumerou «problemas máis vellos ca novos, pero que persisten e, en moitos casos, con máis intensidade», como o crecemento desorbitado do extrarradio, a falta de instalacións, a inseguridade, a mobilidade e un máis recente, como o deterioro do medio natural.

En referencia ao lema deste congreso, «Menos arquitectura, máis cidade», sinalou que, á parte de iniciar unha nova etapa centrada nas urbes, «é unha pequena trampa», pois, asegurou, «canta mellor arquitectura, mellor cidade».

Podes acceder ao streaming das conferencias na ligazón seguinte:

https://arquitecturaysociedad.nirestream.com/

 

mi área privada