Novas da Fundación arquia


PROGRAMA DE REACTIVACIÓN PROFESIONAL – Nova convocatoria 2018 – Sevilla

20 JUNIO 2018 / FUNDACIÓN

Arquia Social lanza a convocatoria 2018 do Programa de Reactivación Profesional que se levará a cabo en Sevilla.

Un plan personalizado de soporte, orientación e asesoramento sociolaboral deseñado para mellorar a empregabilidade de profesionais da arquitectura afectados pola crise.

A crise económica fixo que se reducisen drasticamente as oportunidades laborais do sector, o que fixo necesario que se reformulase a práctica profesional cara a novos eidos. Como resposta a esta situación, Arquia Social, unha iniciativa de Arquia Banca xestionada pola Fundación Arquia, elaborou este programa de reactivación laboral en colaboración co departamento de emprego de Cruz Vermella e o Colexio de Arquitectos de Sevilla.

Após a exitosa experiencia da primeira edición do programa en Granada, ponse en marcha a segunda edición en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Sevilla.

En que consiste o programa?

O programa ofrece asistencia directa e personalizada, a través de sesións e actividades individuais e grupais de formación, para a mellora e adaptación das aptitudes dos profesionais da arquitectura ás novas demandas económicas e sociais co fin de encontrar novos sectores de actividade profesional.

A quen vai destinado?

A profesionais titulados universitarios do sector da arquitectura que precisen reorientar a súa traxectoria profesional e que se encontren en situación de procura de novas oportunidades. Priorizarase a participación de profesionais de máis de 45 años e/ou en situación de desemprego de longa duración.

Como se accede ao programa?

Para acceder ao programa, cómpre descargar o formulario dispoñible na web do programa (http://www.arquia.es/social/es/Personas/ProgramaActivacion), cubrilo e envialo nun sobre xunto coa documentación solicitada a Arquia Social:

1. Por correo postal á Fundación Arquia (Arcs 8 Pral. 2, 08002 Barcelona)

2. Por correo electrónico a social@arquia.es

3. Entregado en man no primeiro andar da oficina Arquia de Sevilla (Pl. Cristo de Burgos 28, 41003 Sevilla)

Arquia Social contactará directamente con todos os solicitantes para lles comunicar a súa admisión no programa. O peche da inscrición será o 29 de xuño de 2018.

Despois desta data, se houber prazas vacantes, adxudicaranse por orde de solicitude.

Arquia Social é un programa de Arquia Banca (Caja de Arquitectos S. Coop. de Crédito) xestionado pola Fundación Arquia.

Máis información AQUÍ.

 

 

mi área privada