Novas da Fundación arquia


NOVIDADES EDICIÓN 2008-2009

28 SEPTIEMBRE 2009 / PRÓXIMA

— Pertence á nova REDE SOCIAL de arquitectos
— Novo xurado e comisario na edición actual
— Subida de número ILIMITADO de realizacións
— Autoxestión da información
— Navega pola nova web de arquia/próxima

A Fundación Caixa de Arquitectos confiou o comisariado da presente edición 2008-2009 ao arquitecto CARLOS QUINTÁNS.
O xurado, composto polo comité científico e o comisario, que será o encargado de escoller as realizacións que formarán parte do catálogo e a exposición virtual arquia/próxima 2010, está formado nesta edición 2008-2009 por:

 

Félix Arranz San Vicente (representante zona levante)
Francisco Cifuentes Utrero (representante illas)
Santiago Cirugeda Parejo (representante zona sur)
Fernando Díaz-Pinés Mateo (representante FQ)
Javier Mozas Lérida (representante zona norte)
Ricardo Sánchez Lampreave (representante zona centro)


A presente edición iníciase a partir de setembro de 2009 e remata o 31 decembro de 2009; a información poderase actualizar até o 28 de febreiro de 2010.

O xurado valorará a información que estea subida na páxina web o 28 de febreiro. Con todo, o usuario rexistrado poderá seguir a actualizar a información que desexe a partir do 1 de abril, mais xa non será valorada polo xurado desta edición.


A alta no rexistro é exclusiva para persoas que obtivesen a titulación superior de Arquitectura en calquera das escolas técnicas superiores de Arquitectura do Estado español, sempre que non transcorresen máis de dez (10) anos dende a data de titulación (A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1998 PARA PARTICIPAR NESTA EDICIÓN).

 

mi área privada