Novas da Fundación arquia


A Fundación Arquia recibe a Medalla de Honra 2018 da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

03 JULIO 2018 / FUNDACIÓN

A Fundación Arquia foi galardoada coa Medalla de Honra 2018 da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Este premio recoñece a ampla traxectoria da entidade, que fomenta actuacións de carácter cultural, social, asistencial, profesional e formativo para os campos da Arquitectura e estudos afíns.

A Medalla de Honra é un galardón de carácter anual que foi instituído pola Academia de Belas Artes en 1943. Este recoñecemento recae sobre unha persoa ou entidade española ou estranxeira que destacase dalgún modo no estudo, promoción ou difusión das artes, na creación artística ou na protección do patrimonio histórico, cultural e natural. Este ano, a candidatura da Fundación Arquia foi presentada polos académicos e arquitectos Alberto Campo Baeza, Juan Navarro Baldeweg e Rafael Moneo.

A Fundación Arquia promove a concesión de bolsas e concursos relativos á arquitectura que poñen en valor a formación práctica, a innovación e a investigación. Ademais, estas bolsas e concursos apostan pola internacionalización e a experiencia compartida como un factor enriquecedor do desenvolvemento persoal.

A fundación tamén apostou polo desenvolvemento dunha editorial especializada e consolidada, que leva en marcha dende 1997, e a través da que se elaboran dende teses de doutoramento e textos teóricos, até a colección de audiovisuais Mestres da arquitectura contemporánea

En paralelo, leva a cabo programas sociais que melloran a vida de persoas en risco de exclusión, dependentes e doentes. A súa política filantrópica levou a fundación a colaborar con outras organizacións sociais, como Arquitectos Sen Fronteiras ou Banco de Alimentos, coa finalidade de unir forzas e mellorar a acción social. Ademais, a Fundación mantén unha alianza con Cáritas para mellorar as condicións das vivendas das familias en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión.

Para colectivos profesionais, a entidade tamén crea plans específicos de axuda. Neste sentido, salienta o acordo asinado recentemente con Cruz Vermella que contribúe á reactivación laboral de arquitectos.

Por achegar a arquitectura á sociedade a través de todas estas iniciativas profesionais, culturais e sociais, a Fundación Arquia foi merecedora da Medalla de Honra 2018, un premio que recibirá formalmente o próximo 21 de novembro na Academia de Belas Artes.

 

mi área privada