Novas da Fundación arquia


RESULTADOS DA 1.ª CONVOCATORIA DO CONCURSO DE DESEÑO DE XOGUETE DE ARQUIA/SOCIAL

09 JULIO 2018 / FUNDACIÓN

A convocatoria do Concurso de Deseño de Xoguete destinado a nenas e nenos hospitalizados pechouse o pasado 4 de maio de 2018 despois de recibir 47 propostas de 45 equipos para a súa participación no concurso.

Os membros do xurado da convocatoria, na súa xuntanza do 7 de xuño de 2018 celebrada na sede de Arquia Banca en Madrid, tras unha ampla deliberación, decidiron seleccionar dous proxectos gañadores e facer seis mencións de honra segundo se detalla a seguir:

Para o período de idade de 3 a 7 anos, o xoguete seleccionado foi NONHAI, de Ezequiel Collantes Gabella e Andrea Díaz Rozas,  por ser unha proposta moi versátil que fomenta a creatividade a través do xogo libre e a incorporación do debuxo como ferramenta. Permite a interacción tanto con adultos coma con outros nenos e nenas, con escalabilidade para distintas idades. Convida tanto a un uso sinxelo como complexo, co posible desenvolvemento de pequenas obras de teatro ideadas polos pequenos. Permite imaxinar e recrear tanto o espazo doméstico coma o urbano. Observamos que precisa fomentar a mobilidade urbana sustentable mediante a inclusión de novas pezas (bicicletas, patíns, autobuses etc.) e a fabricación con materiais máis lixeiros. 

Para o período de idade de 7 a 14 anos, o xoguete seleccionado foi TRIARQ, de Martina Almela Sena, Martín Ortolá Sabater e Ángela Almela Sena, por fomentar o xogo creativo e posibilitar tanto o xogo individual como colectivo. As formas que pode adoptar o xogo son tanto xeométricas coma orgánicas, co que ofrece unha idea da arquitectura transversal e íntegra. Permite tamén a formación de figuras e xogos de palabras en 2D, co que as posibilidades de xogo e diversión son moi amplas e adaptables a diversas idades.

As seis propostas que os membros do xurado consideraron galardoar cunha mención son: 

  1. ID 11. HAUS de FindeBloc  (Mónica Sánchez Blanco e Mariano Sánchez Blanco)
  2. ID 13. NEXO de Tornasol Studio (Guillermo García Moreno e Inés Llasera)
  3. ID 28. ΦPHI de María José García-Matres Braza
  4. ID 29. SISU de Fernando Gamarro Carreras
  5. ID 49. ESTACIÓN EN URANO de Sergio Azpíroz Martín
  6. ID 53. IMAGINE A CITY de GED Arquitectura + Diseño Gráfico (Diana Mera Hernando, Estrella Mera Hernando e Gemma Díaz Tortajada)

Os membros do xurado desexan trasladar as dificultades da elección debido á elevada calidade das propostas presentadas e lamenta non poder considerar máis propostas de grande interese dentro das galardoadas. Os proxectos presentados son dun gran potencial, de gran creatividade e con amplas posibilidades de xogo, tanto individual como colectivo. Salienta a experimentación que fixeron os participantes das posibilidades dos materiais para a creación dunhas magníficas propostas que mostran que detrás houbo un grande esforzo, moita ilusión e profesionalidade.

Dende a Fundación Arquia, damos as grazas pola boa acollida da iniciativa e, en especial, agradecémoslles enormemente a todos os participantes a creatividade das súas excelentes propostas. Os nosos parabéns e recoñecemento a todos eles.

 

mi área privada