Novas da Fundación arquia


«SE ESTAS PAREDES FALASEN. Reforma para un centro de estética» gaña o Premio arquia/próxima 2018.

24 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

Tal e como eles mesmos describen, as paredes falan neste proxecto por si mesmas. Todas as visións do que acontece no espazo móstranse ao visitante, e está na súa man decidir con que versión de si mesmo prefire quedar.

O xurado decidiu premiar non só o traballo presentado a esta convocatoria, senón toda unha traxectoria de traballos presentados a anteriores convocatorias, todos eles dunha excelente calidade e capacidade de experimentación.

No caso desta reforma para un centro de estética, a pequena escala ou a modestia do encargo non impide a procura dunha narrativa capaz de transformar un lugar que, cumprindo as funcións requiridas polo cliente, ofrece unha experiencia para o usuario distinta á comunmente asociada a estes negocios. A través do percorrido dentro do espazo do salón de peiteado e grazas a unha superficie espellada continua, con zonas convexas, cóncavas e planas, os autores xeran no visitante diferentes sensacións dependendo da súa posición e a imaxe reflectida que obtén en cada momento de si mesmo e a súa contorna.

 

 

mi área privada