Novas da Fundación arquia


17 OUTUBRO 2018 – PERCORRIDO ARQUITECTÓNICO E ENCONTROS EN MADRID

25 OCTUBRE 2018 / PRÓXIMA

ITINERARIO ARQUITECTÓNICO

Nesta VI edición, o itinerario propúxose percorrendo espazos singulares da cidade onde conversar sobre os temas da edición en relación coa experiencia de varios profesionais en labores de comisariado, investigación, difusión e docencia de arquitectura en formatos contemporáneos e conectados coa realidade internacional.

PISCINA STELLA. Construída en 1947 nun estilo racionalista tardío xa case único na capital, está situada xunto á M-30 e Arturo Soria. É obra de Fermín Moscoso del Prado Torre, ampliada por Luis Gutiérrez Soto e José Antonio Corrales en 1952. A finca, protexida dende 2011, ten 8000 m2.

INVERNADOIRO DE ARGANZUELA. Exemplo de arquitectura industrial, é un edificio que forma parte do conxunto arquitectónico do histórico matadoiro municipal e do mercado do gando. Foi proxectado e construído polo arquitecto Luis Bellido y González entre os anos 1908 e 1928. Este recinto é coñecido popularmente como «Nave de las Patatas» e foi restaurado e rehabilitado para o seu uso como invernadoiro no ano 1992.

Encontro con Pola Mora, arquitecta, investigadora e experta en xornalismo de arquitectura. (Plataforma Arquitectura)

Na conversa tratáronse distintos temas, como a relevancia entre a relación da fotografía na era da imaxe dixital fronte á obra, xa que «se poden facer proxectos fotoxénicos, pero baleiros, e obras magníficas que precisan comunicarse con mellores imaxes».

Tamén destacou a importancia da relación entre o dixital e o físico, pois, malia que ArchDaily (Plataforma Arquitectura) é nativa dixital, «debemos estar no lugar para entender o contexto. Vivir en persoa as intervencións arquitectónicas para poder transmitilas a través do mundo dixital».

PRAZA DE MATADERO MADRID.

O matadoiro e mercado municipal de gando de Madrid foi un conxunto de 48 edificios e 165 415 metros cadrados dedicado a realizar funcións de matadoiro industrial e mercado de gando na cidade de Madrid durante a maior parte do século XX. Deseñado por Luis Bellido y González, en 1911 comeza a construción deste complexo que non se inauguraría até 1924. Actualmente é un centro cultural de creación contemporánea promovido polo Concello de Madrid.

Encontro con Gonzalo Herrero Delicado, comisario do Departamento de Arquitectura da Royal Academy of Arts de Londres, onde traballa nunha ampla gama de proxectos que inclúen mostras, exposicións e charlas sobre arquitectura e a súa conexión coas artes visuais máis amplas.

No coloquio compartiu as expresións seguintes:

 «Interésame que, a través do meu traballo como comisario en exposicións e eventos, a arquitectura chegue ao público xeral desde un punto de vista social, urbano, económico, etc.»

«No Reino Unido está moi asimilado que podes ser arquitecto e non construír. «O comisariado é un campo moi transversal: valórante polas túas ideas e os proxectos que podes achegar. Tiña 27 anos cando comecei na Royal Academy.»

«En España non existe a crítica de arquitectura. Faltan críticos. A arquitectura e os arquitectos debería estar máis presente nos medios para que sexan máis relevantes.»

 «Interésame que, a través do meu traballo como comisario en exposicións e eventos, a arquitectura chegue ao público xeral desde un punto de vista social, urbano, económico, etc.»

INSTITUTO GOETHE.

Encontro con Andreia García, arquitecta, comisaria, investigadora e docente, con residencia en Portugal.

 «O meu traballo está entre a práctica da arquitectura que se constrúe e a práctica curatorial, dende un punto de vista interdesciplinar.»

Na súa intervención destacou que «estamos nun punto no que precisamos anticipar as necesidades arquitectónicas e non guiarnos polas “receitas” establecidas de manual».

 

mi área privada