Novas da Fundación arquia


A Fundación Arquia celebra a concesión da Medalla de Honra 2018 da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

20 NOVIEMBRE 2018 / FUNDACIÓN

A Fundación Arquia agradece o recoñecemento recibido polo labor realizado nos seus máis de 30 anos de traxectoria fomentando actuacións de carácter cultural, social, asistencial, profesional e formativo para o mundo da arquitectura e campos afíns.  

O pasado 21 de novembro, a Fundación Arquia recibiu nun solemne acto en Madrid a distinguida Medalla de Honra da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Este galardón, concedido a unha institución relacionada coa arquitectura por primeira vez, premiou o seu labor social e de promoción da cultura coa aproximación da figura do arquitecto e da arquitectura á sociedade, e amosa a súa dimensión creativa, económica e social. 

Ao acto asistiron distinguidas autoridades do Ministerio de Fomento e representantes das institucións máis relevantes do sector. O presidente da Fundación, Javier Navarro, foi o encargado de recoller a condecoración da man de Fernando de Terán, director da RABASF, acompañado polos membros do Consello Reitor e de Gerardo García Ventosa, director da Fundación. No seu discurso, Javier Navarro destacou que «a concesión dun galardón tan relevante é un recoñecemento aos nosos esforzos, unha consideración pola nosa traxectoria e un gran incentivo para o futuro. Todo isto foi posible grazas ao inestimable apoio e colaboración dos nosos socios».

A Medalla de Honra é un galardón de periodicidade anual que foi instituído pola Academia de Belas Artes en 1943. Este recoñecemento recae sobre unha persoa ou entidade española ou estranxeira que destacase dalgún modo no estudo, promoción ou difusión das artes, na creación artística ou na protección do patrimonio histórico, cultural e natural.

Desde a súa constitución, a Fundación Arquia fixo entrega dun total de 422 bolsas por valor de máis de 2,5 millóns de euros e publicou un total de 119 títulos e 195 669 exemplares por medio da súa editorial. Así mesmo, seguindo coa súa aposta pola cultura e a internacionalización, a Fundación Arquia está traballando actualmente na creación do seu Centro de Documentación Dixital, un fondo bibliográfico pioneiro de dimensión internacional e aberto á toda a comunidade educativa.

 

mi área privada