Novas da Fundación arquia


PRETO DE 800 REALIZACIÓNS PRESENTADAS NA EDICIÓN 2006-2007

07 SEPTIEMBRE 2009 / PRÓXIMA

Neste rexistro aberto de realizacións da edición 2006-2007, pódese atopar a información sobre arquitectos, tipoloxías das realizacións, zonas xeográficas onde se sitúan, obras e teses censadas. As categorías en que os arquitectos incluíron as súas realizacións foron: proxectos, obras, acción social, acción cultural e formativa, e investigación.

Unha vez examinadas estas realizacións por cada un dos membros do xurado da edición 2006-2007, resolveuse e redactouse a acta das 128 realizacións catalogadas e as 28 seleccionadas cuxos criterios de elección foron os seguintes:

Nos 128 catalogados buscouse a representatividade das realizacións presentadas tendo en conta a zona en que están situadas, é dicir, reflectir a diversidade da práctica arquitectónica e dos seus modos de proceder dende un punto de vista xeográfico. Non se destacaron as mellores e maiores realizacións, senón que se procurou mostrar un panorama (que por definición é dilatado) da arquitectura que producen os profesionais con menos de 10 anos de titulación, sempre dende premisas de calidade.

Aos 28 seleccionados premióuselles a calidade nas realizacións a nivel de proxecto, de execución e de orixinalidade.

Na pasada edición, o premio arquia/próxima, dotado de 15 000 €, foi concedido á realización ECOBULEVAR NO ENSANCHE DE VALLECAS, dos autores ECOSISTEMA URBANO (Belinda Tato, José Luis Vallejo e Diego García Setién); o xurado salientou o proveito, a utilidade, a conveniencia e o beneficio do proxecto, cuxos criterios ambientais e de sustentabilidade subxacen en todas as súas determinacións, así como o fomento do intercambio social.

 

mi área privada