Novas da Fundación arquia


Arquia /próxima en Facebook, Twitter e YouTube

24 NOVIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

A web de arquia/próxima, que leva funcionando dende 2009 como unha base de datos de libre acceso que permite ao usuario a creación dun perfil de arquitecto e un portfolio de proxectos de arquitectura, está dirixida a estudios novos españois. Tamén se pode consultar nela toda a información e novas relacionadas cos premios arquia/próxima que se convocan cada dous anos.

Nesta 3.ª edición, arquia/próxima pretende fortalecer o carácter de lugar de encontro virtual que é o sitio web, xerando novas canles de comunicación, opinión e participación para todos os usuarios e visitantes da páxina.

Para isto creamos perfís sociais nas redes máis visitadas de Internet. Neles poderás seguir todas as novidades, actualizacións, novas e vídeos que se xeren no marco de arquia/próxima. A través deles tamén se crearán foros de debate e discusión sobre a próxima arquitectura nova española.

Arquia/próxima convértese, desta maneira, nun lugar de intercambio, de acceso libre, que pon en relevo todo o que está a pasar no mundo da arquitectura nova en España.

Síguenos en Facebook, Twitter e YouTube.

 

mi área privada