Novas da Fundación arquia


ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA III CONVOCATORIA 2010-2011

20 MARZO 2012 / PRÓXIMA

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA III CONVOCATORIA 2010-2011, cun total de 1445 novas realizacións rexistradas e 991 arquitectos participantes. Máis abaixo podes descargar o informe das realizacións e arquitectos rexistrados nesta edición.

O xurado reunirase no mes de abril en Madrid para seleccionar as 128 realizacións que formarán parte do catálogo virtual, así como as 24 realizacións que serán presentadas polos seus autores no marco do III FORO ARQUIA/PRÓXIMA A CORUÑA 2012: NOVOS FORMATOS que terá lugar o próximo 25 DE OUTUBRO na Coruña e sobre o que vos iremos informando.

Tamén se adxudicará o premio arquia/próxima 2012 dotado con 15 000 euros

A DECISIÓN DO XURADO FARASE PÚBLICA A PARTIR DA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO.

 

mi área privada