Novas da Fundación arquia

JOSÉ MARÍA SÁNCHEZ GARCÍA, novo membro do xurado da V edición 2014-2015 arquia/próxima

04 ENERO 2016 / PRÓXIMA

José María Sánchez García foi escollido polos arquitectos próximos que cumpren os requisitos de participación como o seu representante no xurado desta 5.ª edición do programa. 


V edición 2014-2015 do programa arquia/próxima: FUTURO IMPERFECTO

29 JUNIO 2015 / PRÓXIMA

Rexístrate como arquitecto PRÓXIMO e publica na web da Fundación Arquia as túas realizacións. 

Optarán a ser seleccionadas polo xurado da presente edición para a súa publicación nun catálogo. Ademais poderás gañar o premio arquia/próxima dotado con 15.000 euros. Coñece todas as novidades!


IV FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2014: COÑECE OS PREMIADOS E DESCARGA O CATÁLOGO

06 NOVIEMBRE 2014 / PRÓXIMA

O pasado 23 de outubro celebrouse en Granada a IV edición do Foro Arquia Próxima, o evento de referencia da arquitectura nova no noso país, que mostra en cada edición arquitectos novos cun altísimo nivel, vontade de superación e vocación por esta profesión. 

 

 


RESOLUCIÓN DO XURADO DA IV EDICIÓN 2012-2013 DO PROGRAMA ARQUIA/PRÓXIMA

19 JUNIO 2014 / PRÓXIMA

O xurado, que se reuniu o pasado 28 de abril na sede da Caixa de Arquitectos de Madrid, preseleccionou 221 das 670 novas realizacións presentadas nesta edición e elixiu as 120 realizacións que formarán parte do catálogo en liña, así como as 29 realizacións que serán explicadas polos seus autores no marco do IV FORO ARQUIA/PRÓXIMA 2014: FÓRA que terá lugar o próximo 23 DE OUTUBRO en Granada e en que se dará a coñecer:

 


NON PERDAS AS REFLEXIÓNS DO XURADO ARQUIA/PRÓXIMA NA SÚA REUNIÓN DO PASADO 28 DE ABRIL DE 2014 EN MADRID

02 MAYO 2014 / PRÓXIMA

O pasado 28 de abril tivo lugar na sede de Arquia na rúa Barquillo de Madrid a reunión do xurado arquia/próxima da IV edición 2012-2013. A ela asistiron Eva Franch, comisario xeral, Emilio Tuñón, patrón da Fundación Arquia; Toni Gironès, comisario liña Obra nova/Proxecto; Izaskun Chinchilla, comisaria liña Interiorismo e Rehabilitación; Luís Úrculo, comisario liña Cultura, Investigación e Formación; Andrés Jaque, comisario liña Cidade e Territorio, e Gerardo García-Ventosa, director da Fundación Arquia.


INFORME DE PARTICIPACIÓN DA IV CONVOCATORIA 2012-2013

31 MARZO 2014 / PRÓXIMA

A participación na IV CONVOCATORIA 2012-2013 conta cun total de 670 novas realizacións rexistradas e 870 arquitectos participantes, dos que 129 se deron de alta no período comprendido entre o 1 de febreiro de 2012 e o 3 de marzo de 2014. Máis abaixo podes descargar o informe das realizacións e arquitectos rexistrados nesta edición.


Últimos días para participar na IV convocatoria!

20 FEBRERO 2014 / PRÓXIMA

O prazo para o rexistro de realizacións da IV edición arquia / próxima 2012-2013 está aberto e finalizará o 3 de marzo de 2014 (12.00). Ás 12.00, as realizacións con autorías pendentes de vinculación NON participarán nesta convocatoria.

O número de realizacións que se poden publicar é ILIMITADO.

As realizacións optarán a ser seleccionadas polo xurado e a comisaria da presente edición para a súa publicación nun catálogo. Ademais, escollerase unha das realizacións que conseguirá o premio arquia/próxima 2014 dotado con 15 000 euros.

 


AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATÉ O 28 DE FEBREIRO DE 2014

19 DICIEMBRE 2013 / PRÓXIMA

Debido á coincidencia no tempo do final do período de inscrición do programa arquia/próxima e a implantación da nova plataforma web FQ, amplíase o prazo de inscrición até o 28 FEBREIRO DE 2014 tanto para rexistrarse coma para subir as realizacións. Esperamos poder ofrecer así un período de achegamento do usuario á nova ferramenta en liña.

 


IV edición arquia/próxima 2012-2013

11 NOVIEMBRE 2013 / PRÓXIMA

A Fundación Caixa de Arquitectos presenta a IV edición 2012-2013 do programa arquia/próxima para novos arquitectos cun novo formato máis próximo, actualizado e participativo. Na súa cuarta edición, arquia/próxima aposta con máis forza ca nunca por construír un gran foro de arquitectura nova, favorecendo a interacción entre usuarios, a participación activa co xurado a través do novo portal arquia/próxima e a comunicación permanente a través das redes sociais. Proximamente poderás participar no noso novo foro web, do que podes ver un avance en www.foroarquiaproxima.es. PARTICIPA NA NOVA CONVOCATORIA; PODERÁS GAÑAR 15 000 EUROS!


Premio Laus Bronce concedido aos elementos de difusión do III Foro arquia/próxima 2012

24 JULIO 2013 / PRÓXIMA

A proposta de elementos de difusión que o estudio desescribir realizou para o III Foro arquia/próxima Nuevos formatos atópase entre os proxectos galardoadas cun Premio Laus Bronce dentro da categoría Deseño Gráfico, subcategoría Conxunto de Elementos Coordinados.


mi área privada