Novas da Fundación arquia

XA ESTÁN DISPOÑIBLES O CATÁLOGO VIRTUAL E OS VÍDEOS DO FORO A CORUÑA 2012

13 DICIEMBRE 2012 / PRÓXIMA
Xa podes ver todos os vídeos do Foro A Coruña 2012: Novos Formatos, que tivo lugar o pasado 25 de outubro no Museo de Belas Artes da Coruña.
Ademais, xa están subidas todas as realizacións ao novo catálogo en liña.

INTELIXENCIA COLECTIVA 2.0 de Zoohaus levou o premio arquia/próxima 2012 dotado con 15 000 euros

03 MAYO 2012 / PRÓXIMA

O xurado que se reuniu o pasado 12 de abril na sede da Caixa de Arquitectos de Madrid valorouna como un exemplo completo e complexo de NOVOS FORMATOS, tanto no que respecta á forma de traballar (un colectivo de colectivos —Zoohaus está composto por Zuloark, Pez [estudio], León 11, entre outros—), coma no soporte (web).


ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA III CONVOCATORIA 2010-2011

20 MARZO 2012 / PRÓXIMA

Éxito de participación na III convocatoria 2010-2011, cun total de 1445 novas realizacións rexistradas e 991 arquitectos participantes. Máis abaixo podes descargar o informe das realizacións e arquitectos rexistrados nesta edición.

A DECISIÓN DO XURADO FARASE PÚBLICA A PARTIR DA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO.


Testemuños de arquia/próxima

23 ENERO 2012 / PRÓXIMA

Desta vez, a profesora Henriette Kaelble tivo que substituír o noso querido profesor Walter Hugendubel. Dende a súa oficina continúan tentando descubrir as claves que definen Arquia/próxima. Neste capítulo podemos ver as impresións de Ariadna Cantís, Jose María Ezquiaga, Belinda Tato, Guillen Augé e Quid Studio, que nos deixan a súa opinión de por que hai que presentarse ao premio Arquia/próxima. Lembrade que o prazo finaliza este 31 de xaneiro!!


Arquia/próxima titorial: asociacións

17 ENERO 2012 / PRÓXIMA

Perante as dúbidas dalgúns de vós e comprendendo a complexidade real dunha profesión cada vez máis participada, en arquia/próxima quixemos explicar de forma sinxela a maneira de vos inscribir como asociación nesta edición. Este vídeo titorial explica como podedes crear unha asociación despois de ter creado o voso perfil en arquia/próxima. Tamén explica como incluír proxectos dun perfil como proxectos da asociación e como incluír outros perfís nesa asociación. Cada vez falta menos para pechar o prazo de inscrición!! Esperamos que estes titoriais solucionen todas as dúbidas, así que xa non hai escusas! Subide os vosos perfís e proxectos á terceira edición de arquia/próxima antes do 31 de xaneiro!


Testemuños de arquia/próxima

30 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Presentamos o segundo capítulo de testemuños de arquia/próxima. Nesta ocasión, o nosos entrevistados responden á pregunta «Que é o próximo de próxima?», onde reflexionan tanto sobre as posibilidades de futuro da nosa profesión dende a perspectiva da nova arquitectura como sobre os novos métodos de difusión da mesma. No vídeo aparecen Iván López Munuera, Guzmán de Yarza, Gonzalo Herrero Delicado, Nekane Aramburu, Javier Peña Ibáñez, Taller de Casquería, Eva Morales de Lapanadería e por suposto o profesor Walter Hungendubel. Aproveitamos a ocasión para desexarvos un feliz aninovo e unha subida de realizacións relaxada e frutuosa.


Ampliamos o prazo!!!

27 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA
Debido ao éxito do concurso, ampliamos o prazo de rexistro até o 31 de xaneiro de 2011! Rexístrate como arquitecto PRÓXIMO e publica as túas realizacións directamente. Formarán parte da nosa galería e poderás visualizalas e actualizalas en todo momento. Optarán a ser seleccionadas polo xurado da edición 2011 para a súa publicación nun catálogo e a súa mostra nunha exposición en liña. Ademais, podes gañar 15 000 € se a túa realización sae premiada. Participa! Inscríbete e sube os teus proxectos, sen límites! Até o 31 de xaneiro de 2012. Entra en http://fundacion.arquia.es/proxima/

Arquia/próxima titorial: creación de perfil e realizacións

23 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Para todos os despistados fixemos este vídeo, un titorial onde se explica detalladamente como crear un perfil de arquia próxima, como subir unha realización e como publicala para que forme parte do concurso desta terceira edición. Botádelle unha ollada se tedes calquera dúbida. Para máis preguntas, podedes consultar as instrucións ou utilizar o foro para formulalas. Ampliamos os prazos!! Lembrade que poderedes subir e publicar as vosas realizacións até o 31 de xaneiro de 2012. Animádevos e participade!!!


Testemuños de arquia/próxima

23 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Comezamos unha nova serie de minivídeos documentais que recollen as opinións de axentes relacionados con Arquia/próxima. Xurados, embaixadores, antigos gañadores de Arquia/próxima, estudantes... Todos eles contéstannos a unha serie de preguntas que lles realizamos. Neste primeiro capítulo podedes ver unha recompilación dos comentarios á pregunta «Para que serve Arquia/próxima?». E dentro de moi pouco teredes as respostas íntegras dos entrevistados na nosa canle de YouTube. Neste capítulo, por orde de aparición, Iván López Munuera, Guzmán de Yarza, María Jose Marcos, Nekane Aramburu, Javier Peña Ibáñez, Taller de Casquería e Eva Morales de Lapanadería. Gozádeo.


Arquia/próxima - Catálogo 2010

21 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Non perdas o vídeo do segundo catálogo Arquia/próxima. Nel atoparedes todas as realizacións da edición 2009-2010. Na edición actual de 2012, Arquia/próxima inaugurará o catálogo dixital, un catálogo onde se exporán 128 realizacións catalogadas e 24 seleccionadas, e ao que se poderá acceder dende calquera lugar. Anímate a participar no próximo catálogo de Arquia/próxima.


mi área privada