Novas da Fundación arquia

Exposición virtual do II Foro arquia/próxima Madrid 2010

16 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA
Non perdas o vídeo da exposición virtual do II FORO ARQUIA/PRÓXIMA MADRID 2010 que se celebrou o pasado 21 de outubro de 2010 na ETSA de Madrid. Nel atoparás as obras premiadas e algunhas das obras presentadas na edición anterior de arquia/próxima. Lembra que aínda que a actual convocatoria se pecha o 31 de decembro do 2011, poderanse subir as realizacións até o 31 de xaneiro de 2012.

Arquia / próxima - The final countdown

05 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Iníciase a conta atrás. En tan só un mes finaliza o prazo de inscrición para todos os arquitectos novos que desexen participar nesta edición. Resta só un mes para que vos inscribades na web de arquia/próxima, mais aínda poderedes subir as vosas realizacións sen límite até o 31 de xaneiro de 2012.

Lembrade que arquia / próxima non só premiará o gañador con 15 000 euros, senón que realizará unha selección das obras máis relevantes do panorama próximo español. Non o deixedes para última hora e subide as vosas realizacións.


Arquia/próxima. Catálogo 2008 en YouTube

02 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Arquia/próxima estrea a súa canle de YouTube cun vídeo onde se mostra o primeiro catálogo «Arquia/próxima».

Nesta canle poderedes ir atopando todas as novidades que vaian acontecendo ao longo da presente convocatoria dos premios Arquia/próxima 2012, dende vídeos explicativos sobre como empregar a plataforma en liña e impresións dos xurados, até vídeos relacionados coas realizacións e os equipos participantes en Arquia/próxima. Non deixes de visitar este novo formato audiovisual de Arquia/próxima.


Retrospecters de arquia/próxima

25 NOVIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Chegan os «retrospecter» de arquia/próxima, un espazo para lembrar o grandes que fomos cando eramos moito máis pequenos.

Todos os días, até que se peche o prazo de inscrición nesta terceira edición de arquia/próxima, faremos un repaso, a través de Facebook, dalgunhas das realizacións seleccionadas nas anteriores dúas edicións de próxima. Proxectos de moi distinta índole e formato, que repasarán algunha da mellor arquitectura nova que se produciu en todo o país. Lembra que, aínda que a actual convocatoria remata o 31 de decembro de 2011, poderanse subir as realizacións até o 31 de xaneiro de 2012.

 


Arquia /próxima en Facebook, Twitter e YouTube

24 NOVIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Arquia/próxima é o programa cultural da Fundación Caixa de Arquitectos iniciado no 2007, concibido para ofrecer apoio aos arquitectos españois nos dez primeiros anos de exercicio profesional e baseado na difusión, promoción e posta en valor das súas realizacións e principios como profesionais.


Presenza da fundación na XI BEAU

30 SEPTIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

A Fundación da Caixa de Arquitectos colabora na BEAU mediante a edición do seu catálogo. O pasado xoves 21 de xullo realizouse a entrega dos premios da XI BEAU en que foron seleccionados varios integrantes do programa arquia/próxima.


3.ª edición Premio arquia / próxima 2010 - 2011

30 AGOSTO 2011 / PRÓXIMA

3.ª edición Premio arquia / próxima. 15 000 € ao teu alcance. Participa!

Sobe os teus proxectos sen límites! Até o 31 de decembro de 2011.



ARIADNA CANTÍS, COMISARIA III EDICIÓN ARQUIA/PRÓXIMA 2010-2011

30 NOVIEMBRE 2010 / PRÓXIMA

A Fundación Caixa de Arquitectos confiou o comisariado da III edición do programa arquia/próxima á arquitecta ARIADNA CANTÍS, quen designará por súa vez os membros do novo xurado desta edición 2010-2011.


II FORO ARQUIA/PRÓXIMA MADRID 2010: «EN CAMBIO»

20 SEPTIEMBRE 2010 / PRÓXIMA

21 OUTUBRO 2010 – ETSA MADRID

O congreso concibiuse bienalmente como culminación do programa arquia/próxima. O labor previo de rexistro das realizacións dos novos arquitectos a través desta plataforma da Fundación da Caixa de Arquitectos catalógase e selecciónase.

 


mi área privada