• Páginas:
  • <<
  • 1
  • 2
  • 3
  • >>

Novas da Fundación arquia

Testemuños de arquia/próxima

30 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Presentamos o segundo capítulo de testemuños de arquia/próxima. Nesta ocasión, o nosos entrevistados responden á pregunta «Que é o próximo de próxima?», onde reflexionan tanto sobre as posibilidades de futuro da nosa profesión dende a perspectiva da nova arquitectura como sobre os novos métodos de difusión da mesma. No vídeo aparecen Iván López Munuera, Guzmán de Yarza, Gonzalo Herrero Delicado, Nekane Aramburu, Javier Peña Ibáñez, Taller de Casquería, Eva Morales de Lapanadería e por suposto o profesor Walter Hungendubel. Aproveitamos a ocasión para desexarvos un feliz aninovo e unha subida de realizacións relaxada e frutuosa.


Ampliamos o prazo!!!

27 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA
Debido ao éxito do concurso, ampliamos o prazo de rexistro até o 31 de xaneiro de 2011! Rexístrate como arquitecto PRÓXIMO e publica as túas realizacións directamente. Formarán parte da nosa galería e poderás visualizalas e actualizalas en todo momento. Optarán a ser seleccionadas polo xurado da edición 2011 para a súa publicación nun catálogo e a súa mostra nunha exposición en liña. Ademais, podes gañar 15 000 € se a túa realización sae premiada. Participa! Inscríbete e sube os teus proxectos, sen límites! Até o 31 de xaneiro de 2012. Entra en http://fundacion.arquia.es/proxima/

Arquia/próxima titorial: creación de perfil e realizacións

23 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Para todos os despistados fixemos este vídeo, un titorial onde se explica detalladamente como crear un perfil de arquia próxima, como subir unha realización e como publicala para que forme parte do concurso desta terceira edición. Botádelle unha ollada se tedes calquera dúbida. Para máis preguntas, podedes consultar as instrucións ou utilizar o foro para formulalas. Ampliamos os prazos!! Lembrade que poderedes subir e publicar as vosas realizacións até o 31 de xaneiro de 2012. Animádevos e participade!!!


Testemuños de arquia/próxima

23 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Comezamos unha nova serie de minivídeos documentais que recollen as opinións de axentes relacionados con Arquia/próxima. Xurados, embaixadores, antigos gañadores de Arquia/próxima, estudantes... Todos eles contéstannos a unha serie de preguntas que lles realizamos. Neste primeiro capítulo podedes ver unha recompilación dos comentarios á pregunta «Para que serve Arquia/próxima?». E dentro de moi pouco teredes as respostas íntegras dos entrevistados na nosa canle de YouTube. Neste capítulo, por orde de aparición, Iván López Munuera, Guzmán de Yarza, María Jose Marcos, Nekane Aramburu, Javier Peña Ibáñez, Taller de Casquería e Eva Morales de Lapanadería. Gozádeo.


Documental en DVD+libro: arquia/documental 22. LE CORBUSIER

23 DICIEMBRE 2011 / AUDIOVISUAIS

A colección arquia/documental presenta o seu volume 22 sobre a cabana de madeira que Le Corbusier construíu na Costa Azul: o documental LE CORBUSIER. LE CABANON, dirixido por Rax Rinnekangas (Finlandia, 2010, 60 min).

*Visita a canle da colección en Youtube: http://www.youtube.com/arquiaDOCUMENTAL


Premios do VIII concurso bienal arquia/teses

23 DICIEMBRE 2011 / TESES
O 10 de decembro, o xurado de arquia/teses, presidido por José Manuel López-Peláez e composto por Elisa Valero Ramos, Cristina Gastón Guirao, Emilio Tuñón Álvarez e Carlos Martí Arís, director da colección arquia/teses e en calidade de secretario, premiaron as teses «Los huesos de Fisac» de Fermín González Blanco e «El viaje de Oriente» de Ricardo Daza Caicedo. Acadaron mención as teses de Daniel Esguevillas Cuesta, Mara Sánchez Llorens, Pablo Tena Gómez e Pere Fuertes Pérez.

Arquia/próxima - Catálogo 2010

21 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Non perdas o vídeo do segundo catálogo Arquia/próxima. Nel atoparedes todas as realizacións da edición 2009-2010. Na edición actual de 2012, Arquia/próxima inaugurará o catálogo dixital, un catálogo onde se exporán 128 realizacións catalogadas e 24 seleccionadas, e ao que se poderá acceder dende calquera lugar. Anímate a participar no próximo catálogo de Arquia/próxima.


Arquia/teses 34: «La arquitectura desde el interior, 1925-1937»

20 DICIEMBRE 2011 / PUBLICACIÓNS
Sae á venda o núm. 34 da colección arquia/teses «La arquitectura desde el interior, 1925-1937», María Melgarejo. En 1925, cando Le Corbusier proclamou dende o pavillón de L’Esprit Nouveau en París: «O mobiliario aquí non engade a súa arquitectura posible a unha arquitectura inmobilizada. É arquitectura en si mesmo», consolidouse un novo xeito de facer arquitectura partindo do seu interior. Esta obra detense nese momento e presta especial atención á achega de Charlotte Perriand e Lilly Reich.

La Cimbra 9: «La ciudad es de todos»

20 DICIEMBRE 2011 / PUBLICACIÓNS
Sae á venda o núm. 9 da colección La Cimbra «La ciudad es de todos», Paulo Mendes da Rocha. Talvez o único valor destes textos (reflexións de arquitectos de máis idade) sexa certo contido de revelación para os máis novos. Aqueles que deben continuar. Algunhas palabras sobre as razóns e, sobre todo, emocións ante a extraordinaria experiencia de construír, de transformar a natureza, para a realización idealizada do seu hábitat. A vontade e a urxencia de construír a «cidade para todos», sempre en transformación. A unión a un tempo de arte, ciencia e técnica fai da arquitectura unha forma peculiar de coñecemento. Grazas á formación dunha nova conciencia sobre a natureza que actualmente se dá en todo o mundo e de modo popular, as escolas de Arquitectura e o seu ensino abren novos horizontes no ámbito das universidades. Unha esperanza con respecto ao futuro. Paulo Mendes da Rocha

Exposición virtual do II Foro arquia/próxima Madrid 2010

16 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA
Non perdas o vídeo da exposición virtual do II FORO ARQUIA/PRÓXIMA MADRID 2010 que se celebrou o pasado 21 de outubro de 2010 na ETSA de Madrid. Nel atoparás as obras premiadas e algunhas das obras presentadas na edición anterior de arquia/próxima. Lembra que aínda que a actual convocatoria se pecha o 31 de decembro do 2011, poderanse subir as realizacións até o 31 de xaneiro de 2012.

mi área privada