Novas da Fundación arquia

Descarga de balde de arquia/teses 02 «Nuevas poblaciones en la España de la Ilustración», Jordi Oliveras Samitier

14 DICIEMBRE 2011 / PUBLICACIÓNS

Xa está dispoñible para os usuarios FQ para descarga de balde en PDF a publicación arquia/teses 02 «Nuevas poblaciones en la España de la Ilustración» de Jordi Oliveras Samitier.

As novas poboacións constitúen unha das experiencias máis notables do urbanismo español. Foron cidades de nova planta realizadas en consonancia coas políticas emprendidas polos gobernantes ilustrados.


Arquia / próxima - The final countdown

05 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Iníciase a conta atrás. En tan só un mes finaliza o prazo de inscrición para todos os arquitectos novos que desexen participar nesta edición. Resta só un mes para que vos inscribades na web de arquia/próxima, mais aínda poderedes subir as vosas realizacións sen límite até o 31 de xaneiro de 2012.

Lembrade que arquia / próxima non só premiará o gañador con 15 000 euros, senón que realizará unha selección das obras máis relevantes do panorama próximo español. Non o deixedes para última hora e subide as vosas realizacións.


Arquia/próxima. Catálogo 2008 en YouTube

02 DICIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Arquia/próxima estrea a súa canle de YouTube cun vídeo onde se mostra o primeiro catálogo «Arquia/próxima».

Nesta canle poderedes ir atopando todas as novidades que vaian acontecendo ao longo da presente convocatoria dos premios Arquia/próxima 2012, dende vídeos explicativos sobre como empregar a plataforma en liña e impresións dos xurados, até vídeos relacionados coas realizacións e os equipos participantes en Arquia/próxima. Non deixes de visitar este novo formato audiovisual de Arquia/próxima.


Actividades de outono da XI BEAU – 14 de decembro de 2011

30 NOVIEMBRE 2011 / PUBLICACIÓNS

Seguen as actividades da XI BEAU. O próximo 14 de decembro de 2011 podes asistir ás 13.00 na Escola Técnica Superior de Arquitectura e Xeodesia da Universidade de Alcalá á presentación dos PFC premiados de Rodrigo García González e Gonzalo Vaíllo Martínez. A conferencia será presidida por José M.ª Sánchez García.

Ademais, no aulario da Arquería de Nuevos Ministerios, ás 18.30, presentaranse as obras premiadas coa participación de Llop/Jornet/Pastor, Creus/Carrasco, Juan Herreros e OAB (Ferrater/Martí). Seguirá a actividade «Aproximación crítica» con Maria Rubert e que moderará Joaquín Sabaté.


Retrospecters de arquia/próxima

25 NOVIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Chegan os «retrospecter» de arquia/próxima, un espazo para lembrar o grandes que fomos cando eramos moito máis pequenos.

Todos os días, até que se peche o prazo de inscrición nesta terceira edición de arquia/próxima, faremos un repaso, a través de Facebook, dalgunhas das realizacións seleccionadas nas anteriores dúas edicións de próxima. Proxectos de moi distinta índole e formato, que repasarán algunha da mellor arquitectura nova que se produciu en todo o país. Lembra que, aínda que a actual convocatoria remata o 31 de decembro de 2011, poderanse subir as realizacións até o 31 de xaneiro de 2012.

 


arquia/documental 21. LUIS BARRAGÁN

25 NOVIEMBRE 2011 / AUDIOVISUAIS

A colección arquia/documental presenta o seu volume 21 sobre a Casa Estudio na cidade de México: o documental Luís Barragán. Casa estudio, dirixido por Rax Rinnekangas (Finlandia, 2010, 60 min).


Arquia /próxima en Facebook, Twitter e YouTube

24 NOVIEMBRE 2011 / PRÓXIMA

Arquia/próxima é o programa cultural da Fundación Caixa de Arquitectos iniciado no 2007, concibido para ofrecer apoio aos arquitectos españois nos dez primeiros anos de exercicio profesional e baseado na difusión, promoción e posta en valor das súas realizacións e principios como profesionais.


Actividades de outono da XI BEAU – 30 de novembro de 2011

24 NOVIEMBRE 2011 / FUNDACIÓN

Seguen as actividades da XI BEAU. O próximo 30 de novembro de 2011 podes asistir ás 13.00 na Escola Técnica Superior de Arquitectura e Xeodesia da Universidade de Alcalá á presentación dos PFC premiados de M.ª Asunción Ibáñez Roselló e Gustavo Vítores Lemos. A conferencia será presidida por Magen arquitectos

 


Descarga de balde de arquia/teses 01 «La lección de las ruinas», Alberto Ustárroz

23 NOVIEMBRE 2011 / FUNDACIÓN

Xa está dispoñible para os usuarios FQ para descarga de balde en PDF a publicación arquia/teses 01 «La lección de las ruinas. Presencia del pensamiento griego y del pensamiento romano en la arquitectura» de Alberto Ustárroz.

Lección que recolle a particular relación que a arquitectura, como pensamento e práctica, estableceu coas ruínas, isto é, con fragmentos do seu pasado grego e romano: un pasado que constitúe a medula da tradición arquitectónica. 


Actividades de outono da XI BEAU – 23 de novembro de 2011

18 NOVIEMBRE 2011 / FUNDACIÓN

Continúan as actividades da XI BEAU. O próximo 23 de novembro de 2011, podes asistir ás 13.00 na Escola Técnica Superior de Arquitectura e Xeodesia da Universidade de Alcalá á presentación dos PFC premiados de Anna Prats Subiranas e Amaya Roca Rivero. A conferencia será presidida por Josep Camps e Olga Felip. 

Ademais, no aulario da Arquería de Nuevos Ministerios, ás 18.30, presentaranse as obras premiadas coa participación de Alberola/Díaz Mauriño/Martorell, Toni Gironès e Eduard Bru. Seguirá a actividade «Aproximación crítica» con Andrés Cánovas e que moderará Joaquín Sabaté.


mi área privada